24.5.04

Lectura de mentes
- Díxome isto, pero en realidade quería dicir aquilo.
- Coa cara que puxo, seguro que estaba pensando...
- ¡Vaia mirada me botou! Estou convencido de que trae malas intencións.

E así até o infinito. Estamos ante un dos pensamentos deformados que máis se poñen en práctica. Eu deixei de exercitalo cando un psicólogo me explicou en qué consistía e, claro, non puiden evitar soltar o riso; porque saber con certeza qué está pensando B cando chega con mala cara, por exemplo, implica unhas habilidades que están ben lonxe do común; non digamos saber qué cruza pola cabeciña do señor que me rebasa co seu BMW ou do que me vende o peixe.
Porén, continúa a ser un dos deportes máis practicados ao longo e largo da xeografía humana, con maior empeño e unha constancia a proba de bomba. ¿A que se deberá que non arranxe os problemas?

Ningún comentario :