7.5.04

Relectura
Releo Harry Potter y el prisionero de Azkaban porque necesito refrescar detalles para o foro de Akin, cuxos participantes están informados de todo canto sae sobre este aprendiz de mago.
Vénme ben este repaso; os libros de J.K. non os adoito ler, trágoos, e iso sempre anula grande parte da capacidade de análise. O pracer da relectura radica na calma; xa non tes tanta ansia por saber qué e cómo vai ocorrer e podes fixarte en miudezas que che pasaron desapercibidas e que, non os enganemos, traerán cola, porque esta escritora deixa moi poucas cousas ao azar. Admírame ese bo facer, ese ir atando cabos paseniñamente, ese conseguir que todo adquira un novo sentido a medida que avanzan cursos e libros.
Divírtenme os detractores que van de intelectualoides, por unir moitas vendas e mala calidade; é curioso que non fagan o mesmo cun dos libros máis vendidos ao longo da historia, nacido coma unha brincadeira do autor.
¡En fin!

Ningún comentario :