Aparencia
Entre outras cousas, os anos achegáronme unha extremada prudencia á hora de facer valoracións sobre as persoas. Desgústanme os xuízos rápidos e categóricos que pretenden resumir a alguén nun par de palabras: resulta imposible; ninguén é tan plano e sinxelo como para reflectilo, descalificalo ou caracterizalo dun plumazo.
Somos multifacéticos, complicados, revirados e sorprendentes; as circunstancias condiciónannos, tamén a xente que nos rodea. De xeito inconsciente adoptamos actitudes e expresións distintas, acordes ao noso interlocutor. Ocorre un pouco como cos rexistros lingüísticos: non empregas sempre o mesmo.
A aparencia pode ser tan enganosa coma un souflé.
Ningún comentario :
Publicar un comentario