Mundos paralelos
Transcorren á par ca este e por eles transitan as vidas que non escollemos, as opcións rexeitadas, os erros que non chegamos a cometer.
Asomei a cabeza polo que me quedaba máis preto e topei unha das outras Pekes con cara de susto; retireime decontado para que non me vise.
¡Que se amole! Ninguén a mandou afastarse de min.
Ningún comentario :
Publicar un comentario