1.5.04

Condutoras (Adicado a Dorvisou)
Hai dous tipos que me irritan: as que teñen présa e as que sempre dubidan.
O primeiro grupo semella non decatarse de que non son os únicos espécimes circulando nas estradas; entre cargar a compra, descargar ou recoller os nenos, falar polo móbil mentres guían o auto (isto tamén o fan eles) e incorporarse ao carril cando lles convén, provocan máis molestias e desastres ca un elefante nunha tenda de porcelanas. Menos mal que non son violenta, que se non...
O segundo tipo abrangue as que eu chamo 'eternas dubidosas'; nunca ven claro cándo lles toca pasar nunha rotonda, ceden o paso cando non deben e asegúranse cen veces antes de decidir que a vía está libre. Cando por fin arrincan, fano tan amodo que a prudencia se converteu no seu contrario. Aínda que aprendín a armarme de paciencia, ás veces danme ganas de collelas polos ombreiros e darlles un meneo; se cadra, dese xeito, deixarían de aferrar o volante con tanta saña. Non o fago porque..., en fin, non me gusta asustar a ninguén.

Nota: Non me inclúo en ningún dos dous, pero quede claro que eu tamén meto a pata. ¡Faltaría máis!

Ningún comentario :