Tema case tabú
Hai xa algún tempo que me decatei dos temas que evito, non por carecer de opinión sobre eles, senón por todo o contrario; están tan claros na miña cabeza, son tan evidentes, que me repele a idea de intentar convencer a ninguén do tino ou desatino das miñas crenzas.
A cuestión da lingua galega, por exemplo, levanta tanta poeirada que de xeito inevitable te atopas rodeada dunha mesta nube que che impide ver nada con claridade a un paso de distancia. Quizais ocorre que xa pasei a fase dos arrebatos incendiados, consciente do dano que me facía acalorarme tanto e da escasa utilidade de manter semellante debate. Carezo por completo de devezos mesiánicos.
Mesmo agora, que me animei a romper ese tabú, un invisible freo, moi poderoso, impídeme afondar.
Son unha sentimental incorrixible. O meu co galego é un idilio e eu no aireo os meus idilios.
Ningún comentario :
Publicar un comentario