8.5.04

Papoulas
Isto de vivir no campo é unha constante fonte de sorpresas e, tamén, de rescates de memoria. Aquí medran tantas papoulas que me fan sentir rara, pois acódenme lembranzas algo tenues da nenez, cando media familia ía de visita atravesando prados hoxe inexistentes, congostras escuras onde confundías lousas con bostas de vaca e regatos nos que, unha vez, atopei cos meus curmáns a marabilla dunha ra branca.
Hoxe dei un paseo ollando centos de puntos vermellos que abanaban ao compás da brisa e veume á cabeza isto. ¡Que lles preste!

Ningún comentario :