12.5.04

Lingua
Desde o asunto ándame na cachola o tema das palabras; en realidade, sempre o teño presente.
Sería tan doado entenderse se a lingua non fose tan revirada... A lingua ou... nós.
Os dicionarios non serven de moita axuda para comprender o significado dunha voz; non reflicten ao completo os matices que lle outorgamos, a música que nos suxire, os ecos que esperta no noso baúl. Así, dis amor e xérase unha discusión, acalorada as máis das veces, sobre se implica pálpebras batendo coquetas, ollos acaramelados, ansia sexual ou algo menos concreto, por forza indefinible.
Pero todos afirmamos convencidos saber qué significa.

Ningún comentario :