Falando para lelos
Se alguén ten calma, paciencia e tranquilidade, amais de ganas de molestarse en explicarme algo que non dou entendido, pregaríalle que pensase en min coma no que en realidade son neste terreo: unha completa ignoranta.
Así pois, non comprendo por qué, cando escribo un post, non sae cando premo a tecla de publicar, senón que o fai cando lle vén en gana, a maioría das veces un día despois. ¿Ocórrelle a todo o mundo que usa este sistemiña ou só a min? Na segunda posibilidade, ¿que se supón que fago ou non fago que debería non facer ou facer para que gañe eu e non o programiña do carallo?
Agradecerei na alma que alguén intente iluminarme, de verdade; resúltame difícil de soportar non comprender cómo funcionan as cousas.
Ningún comentario :
Publicar un comentario