Alaridos
Os alaridos do monstro chaman por min. Acaba de espertar e sei o que quere. Abro a porta do cuarto onde dorme; achégome a el procurando non facer ruído. Os seus ollos brillan no escuro, emanan calor. Acaríñolle o cranio rapado e bícoo, unha, dúas, tres veces. Abrázame, sorrí, está contento.
Despois do ritual érguese disposto a emprender a nova xeira.
Ningún comentario :
Publicar un comentario