Mandala shoes
Non, non me pagan; pero gústame compartir o bo cando teño ocasión. Pretendía poñer un enlace para amosar os seus produtos, pero por unha incomprensible razón, en lugar de saír un texto lexible sae un sen formato e, claro, non era plan.
É unha empresa de Elche de la Sierra, Albacete (tfno.oficina: 967417064; móbil: 606328247; mail: mandalashoes@yahoo.es) que fai calzado ecológico montado a mano / piel y entresuela de curtición vegetal (biodegradable) libre de cromo, azufre y bencina / suela de caucho 80% / PROPIEDADES: TRANSPIRABLE 80% / recomendado para alérgicos al cromo, problemas de dermatitis, sudoración y mal olor de los pies / números adultos del 34 al 47 / números infantil del 24 al 33.
Descubrinos no Nadal nunha feira de artesanía na cidade de Teucro e merquei unhas botas modelo guerrilleira que rompen coa pana. Logo encarguei unhas sandalias (mandan por correo contrarrembolso) que son unha marabilla: axustan ben, non mancan, permiten camiñar con total comodidade... En fin. Como dicía un antigo caseiro, para andar e para durmir cómpre calidade. Algo caros resultan, pero duran e coidan dos pés, eses pobriños desgraciados que adoitamos esquecer.
Seguro que envían catálogo se se solicita. ¡Ah!, e son amables.
Ningún comentario :
Publicar un comentario