Tras os lentes de sol
Unha das miñas actividades favoritas é observar. A terraza dunha cafetería resulta ideal para exercitala e, como son consciente de que pode molestar, parapeto a mirada tras os lentes de sol.
Hai tipos humanos ben curiosos, vestimentas chocantes e actitudes que espertan, con frecuencia, o meu lado salvaxe; pero tamén hai tenrura, delicadeza, incluso educación.
Tras os lentes de sol vexo acenos, sorrisos, movementos, odios e amores que almaceno ou roubo ou rexeito e, cando chego á casa, saco conclusións, ato cabos, invento vidas, imaxino dramas e comedias, creo parentescos que se cadra non existen...; divírtome de xeito inofensivo.
Ningún comentario :
Publicar un comentario