11.4.04

Vacacións
Debo de ser unha das poucas persoas que está desexando o remate das vacacións. ¡Quen mo ía dicir!
En realidade, o que máis desexo é que este lugar recupere a calma do inverno, non atopar bolsas, papeis, cacas de can e porcachada varia ciscada por todos os recunchos.
Resulta irónico que veñan gozar da Natureza e a convirtan nunha esterqueira. ¿Tan difícil é recoller o lixo que un mesmo produce? Debe ser...

Ningún comentario :