10.4.04

Problemiñas xeracionais, eternos problemiñas
Ao noso sobriño cambioulle a voz e comeza a saírlle o bigote; para bicalo teño que poñerme nas puntas dos pés (non hai tanto que era eu quen me inclinaba, ¡ai!). A nai está furiosa polas notas do trimestre, moi pouco diferentes ás do anterior, a pesar das promesas.
El non di nada, acaso solta un 'he he' que alporiza máis á nai; nós observamos sen atrevernos a atizar a labarada.
'O tipiño sabe moreas de cousas', dime B, 'non é parvo'. Pero iso, claro, non explica nada.
Hai máis de cinco mil anos, nunha taboíña sumeria, alguén se queixaba da mocidade díscola, da súa falta de respecto cara aos maiores, do pouco que se esforzaba...; hai máis de cinco mil anos, alguén se preguntaba ónde ía parar o mundo en tales mans. E aquí estamos.

Ningún comentario :