Identidade variable
Teño un amigo con dous traballos a tempo parcial. Os días pares faino nun banco, viste traxe e garavata, calza zapatos de atar e leva o pelo curto con canas nas tempas. Os días impares, pantalón vaqueiro vello e xersei de raias, corta leña no monte cunha motoserra cagándose en todos os santos cada vez que se lle acaba o combustible.
Ultimamente non lle chega a camisa ao corpo, desde que unha mañá se descubriu trabucándose de día.
Ningún comentario :
Publicar un comentario