Signos de interrogación
Hai dous días lin un delicioso post con moito miolo e levo dándolle desde entón unhas cantas voltas.
Coa palabra escrita, descoñecéndoo todo sobre o manancial, prodúcese un efecto incrible: a máis pura pluralidade de interpretacións. O estado de ánimo, a filosofía de vida, o talante do lector... determinan case por completo o significado; da primitiva idea sáltase a outra que engancha a unha terceira e así ata caer de bruzos nun novo interrogante.
Hai algo máis de dous días que non elucubro sobre o futuro, se cadra porque acabei por ver a inutilidade dese exercicio que me coutaba o gozo do presente; aínda que a razón máis probable sexa, simplemente, que me vou facendo maior.
Ningún comentario :
Publicar un comentario