15.4.04

Visiten O Quilombo
E verán nun post de onte un enlace a un escrito que fun (e son) incapaz de enlazar eu mesma -¡que lle imos facer!-, sospeito que polo meu descoñecemento do inglés.
En fin, o caso é que me ilustrou sobre unha parcela de saber para min ignota. A clasificación que realiza sobre os blogs resulta admirable como exercicio de síntese e incluso de penetración psicolóxica. Abráiame a facilidade dalgúns á hora de poñer etiquetas, eses rotuliños marabillosos que ordenan o mundo e as intencións sobre bases sólidas e contrastadas.
Eu, que padezo de indecisión crónica, ándolle dando voltas ao asunto porque non sei en qué caixón meterme; atráenme varios, claro, pero dubido e dubido porque non acabo de verme reflectida en ningún.
Repasarei o escrito, a ver se me ilumina.

Ningún comentario :