8.4.04

O noso caseiro
Vive en Madrid. Cada vez que vén de visita tráenos un detalle; xardas pescadas por el no verán, augardente no Nadal, wkisky onte... Dá groliños á cervexa mentres charla relaxado; sóalle o teléfono; torce o xesto: o fillo consúltalle cántas sardiñas tocan por cabeza; a muller pregúntalle ónde se meteu; a cuñada, se vai tardar moito... Suspira. Anúncianos que marcha tres, catro veces. Volve suspirar. Lacazanea. Comenta outro rumor capitalino. Rimos de novo. Olla o reloxo. Por fin, érguese preguiceiro e sae amodo.
Creo que lle gusta estar connosco.

Ningún comentario :