13.4.04

Había unha vez...
...un contador de historias que un día quedou sen voz. De primeiras pensou que se debía á leve dor que tiña na gorxa desde había un tempo e tomou un descanso. Sentado na solaina, mudo, escoitaba o rumor dos que pasaban, o canto breve do merlo, o grallar da pega, o ardente rechouchío do paporroibo inquedo; de lonxe, de moi lonxe, chegáballe o murmurio dun regato.
A amante, preocupada, axexaba espreitando a súa chamada; auga, carne, pan..., ¿que necesitas?, preguntaba.
El non sabía.

Ningún comentario :