Cociñar
Non son unha gran cociñeira; é máis, tardei en collerlle o gusto á cociña, supoño que por falta de tempo e de ganas. Agora que me sobran, atópolle ao proceso un aquel alquímico que me prace. Colles os ingredientes e vas mesturando un chisco de ourego por aquí, un airiño de cilantro por alá, pirixel en cantidade, romeu ou tomiño a discreción, unhas frebiñas de azafrán..., coma se estiveses elaborando unha apócema máxica sempre revitalizadora.
Hoxe hai un deses pratos ao que lle cómpre tempo, ando de arriba abaixo pola escaleira para controlar o proceso e teño a sensación de que as pernas acabarán agradecéndome tanto exercicio.
Por certo, o meu paseo matinal pola praia resultou delicioso; veremos dentro dun mes...
Ningún comentario :
Publicar un comentario