12.6.04

Intimidades II
Ollar un proceso con distancia temporal resulta un dos fenómenos máis curiosos que existen. Comprobas cómo o pensamento foi cambiando a forza de entusiasmos, logros, decepcións e algo máis que non se deixa definir. Sabes que non houbo traizón a ningunha idea, se acaso só desencanto, cansazo ou fastío por escoitar decote os mesmos argumentos que, de tan manidos e sobados, perderon a capacidade de ilusionar.
Se cadra o problema está en min, que me aburren as tópicas e típicas arengas pseudooquesexa; nunca me vin no papel de salvadora de almas.
Coa cuestión da lingua ocorre que calquera se sente con autoridade para opinar, etiquetar e criticar sen reparo, aínda que descoñeza o miolo do asunto.
Os que teñen a 'sorte' de pertencer a unha comunidade monolingüe carecen de autoridade moral para rexeitar o plurilingüismo, sinxelamente porque non o entenden. Ancorados na súa visión son incapaces de aprehender un dereito tan elemental como o da diferencia. A bastantes cabréaos que te sintas galego, vasco ou catalán antes ca español, como se non foses español precisamente porque primeiro es galego, vasco ou catalán. A historia non mente, mal que lles pese, e nos sentimentos non manda ninguén.

Ningún comentario :