7.6.04

Malestar
No Muy interesante deste mes vén unha reportaxe sobre entomoloxía forense, especialidade que descubrín con M. Lee Goff haberá ano e pico. Creo que foi a única lectura que me provocou proídos nos lugares máis insólitos da miña anatomía e da que tardei en recuperarme algún tempo. Xa se sabe que en ocasións a curiosidade ten efectos sorprendentes.
Na devandita reportaxe aparece unha foto do entomólogo traballando no corpo dunha anciá, repito, no corpo dunha anciá, non nun anaco de carne.
Levo visto varios mortos ao natural e xa non me impresiona en exceso a ausencia de vida, pero moléstame a exhibición gratuíta da mesma, quizais por un respecto ao defunto que semella terse perdido por completo. Calei co atentado de Madrid, aínda que me custou; un morto non pode ocultarse nin defenderse de miradas indesexadas, morbosas ou non; a súa opinión -se non a manifestou en vida- non conta ante a noticia e o impacto que se pretende conseguir; está indefenso.
Deberían deixalos descansar en paz.

Ningún comentario :