6.6.04

Tenruras
Cando ollo o peito peludo de B salpicado de febras de prata, sinto unha tenrura tan intensa que se me dilata o corazón. Gustaríame gozar, só para el, dunha saúde de ferro; ofrecerlle uns brazos fortes para colaborar nas tarefas caseiras; regalarlle, coma outrora, tardes de paixón sen límites nin dores.
Cando ollo a súa face serena e amante a pesar das circunstancias, a tenrura sacódeme cunha descarga eléctrica diferente e parella ao arrebato de antes.
Cando me decato de todo o vivido ao seu lado, de tanto apoio, comprensión e amor que verteu en min, sinto con total claridade que son unha das persoas máis ricas da Terra.

Ningún comentario :