29.6.04

Secuelas de soñar con J.K Rowling
Pois non, aínda non me recuperei do arrastre das camas e iso que xa pasaron once días, pero o asunto ten unha doada explicación: esta.
Pululan varias teorías sobre a causa desta doenza, as investigacións intentan aclarar por qué se produce e qué remedios poden aliviala, pero non hai conclusións definitivas; ademais, cada enfermo é un mundo e, á parte dos comúns, existen outros síntomas que varían segundo os tipos de persoas.
O meu caso -porque para os médicos son un caso, non un ser humano- é de libro, expresión cara á que experimento sentimentos encontrados, quizais porque inclúe, se non todos, un número abondo nutrido dos síntomas que serven para diagnosticala. De calquera xeito, a musculatura dun destes enfermos non resiste esforzos mínimos, entre outras cousas porque carece de forza e está perennemente contracturada e dorida.
En fin, que acabo de chegar da sesión semanal de fisio -hoxe non recibín ningunha bronca, aínda que soltei uns cantos sapos pezoñentos pola boca- e a miña sensibilidade está a flor de pel.
Mellor marcho e volvo noutro momentiño.

Ningún comentario :