18.6.04

Formigas
Despois de ler Matar á raíña do señor Vendell apareceron a milleiros arredor da casa. No outono pasado mantivémolas nos límites da porta a base de vinagre e bólas de pementa que colocabamos en precario equilibrio entre os marcos das fiestras, nas fendas e no mesmo limiar. Durante o inverno desapareceron.
Coidamos que o corazón do formigueiro se atopa debaixo da casa; en canto notan que un camiño se lles pecha, dan axiña cunha alternativa. Son teimudas, constantes e inasequibles ao vinagre.
Hai dous días unha avanzada de doce achou o armariño do mel e as galletas; non fixemos prisioneiras, matámolas todas. B aceptou, por fin, pasar a accións máis contundentes e mercar armas axeitadas; concordou comigo en que o dereito á vida, neste caso, ten un límite.

Ningún comentario :