18.7.04

Ao meu pesar II
Continúa mancándome:
-Reaccionar de xeito máis visceral ca razoable ante o que esixe cerebro.
-Sentirme culpable por non satisfacer as propias expectativas.
-Intentar convencerme de que morreu a miña capacidade de fabulación.
-Non poder desfacerme dun lastre demasiado pesado.
-Que me asolague a morriña do que non son nin poderei ser.
-Renunciar ao que debo renunciar.
-Non dar chorado máis acotío.
-Facer coma quen non pasa nada.
-O péndulo do meu ánimo.
-Ignorar en qué dirección nado.
-As encrucilladas envoltas en brétema.
-A impaciencia para comigo mesma.
-Dubidar do que creo.
-Os días sen ilusión.

Ningún comentario :