7.7.04

Bochorno
Levo o coche ao taller para que lle miren o aire acondicionado, que non funciona ben; ás veces nin sequera funciona. Dígolle ao home que revise tamén o depósito de auga, por se está furado. Marcho a coller un taxi que me transporte deica á Ramallosa e uns metros antes de chegar soa o telefonino: o home do taller dime que todo está en orde, que volva para alá e falamos. Sensación de "terra, ábrete e trágame" molesta a máis non poder. O taxista ri con ganas, pero solidarízase comigo: vostede levouno por algo e fixo ben....
Total, que o maldito aire funcionou de marabilla diante do especialista; que se volve fallar vaia decontado ao taller, pero así non pode ver nada. Non me cobrou. O taxista -un bo home, ¡seguro!- só me cobrou unha carreira. A quiosqueira comentou que hoxe debía de ser o meu día de sorte. Si, pero o madrugón non mo quita ninguén.

Ningún comentario :