Envexa
1. Sentimento de pesar polo ben alleo
2. Cobiza, desexo de facer ou ter o mesmo que fai outra persoa (Dicionario Xerais da Lingua).
Definicións asépticas que non din nada do que desatan en quen a experimenta, das actuacións irracionais e malévolas en que desemboca.
Unha meiga de Auria contábame o caso dunha muller que se recoñecía enferma de envexa, ata o punto de pasar noites sen durmir polo novo felpudo da veciña mercado nun todo a cen. A min recomendoume un ritual cunha vela para escorrentar o suposto meigallo que un envexoso me botara; explicoume tamén que as allas eran moito más efectivas cós allos á hora de protexer o portador de influenzas nefastas, teoría compartida por unha médica coa que charlaba de cando en vez. Esta última aconselloume conseguir unha cruz de Caravaca, cuxos poderes mesmo acadarían sandarme.
E todo isto pola envexa, sentimento provocador de esaxeradas reaccións que tamén pulula por interné e que a min me custa comprender.
Sospeito que son unha pánfila.
Ningún comentario :
Publicar un comentario