Imprimindo
Corrixo e imprimo un libro de relatos segundo os cambios aceptados pola RAG e manexando o VOLGa, por fin editado. Vou páxina a páxina nunha tarefa que non me desgusta, aínda que experimento estrañeza ante o que leo, escrito hai xa algúns anos.
Este libro non naceu con estrela, a pesar de procurarme momentos estupendos a súa accidentada redacción; diversos incidentes que non veñen ao caso acabárono metendo nun caixón á espera de que eu decidise qué facer con el. Agora quería darlle unha oportunidade máis enviándoo a outra editorial, mais a relectura desconcértame.
Sopeso o que sopesaría a casa partindo dos escasos lectores en galego que ten Galicia: ¿a quen lle interesa este tipo de contos?, ¿interesan os contos, en realidade?, ¿que saída terán historias tan truculentas?, e a nai do año, ¿encaixaría nos institutos?
Pregúntome a min mesma se realmente é firme esta decisión, se me apetece ver publicada esta obra; non sei qué responder.
Tirarei para adiante, supoño, pero sen moita ilusión. Nestes asuntos cómpre ser realista.
Ningún comentario :
Publicar un comentario