8.8.04

Felicidade
A felicidade non é un estado, senón unha sensación e, coma todas as sensacións, efémera, transitoria; pretender prolongar a súa duración natural é tan antinatural como negar a vida e a morte. Cada vez que se experimenta, renácese; pero nunca se morre por non percibila. Só se permanece á espera dunha mellor ocasión.

Ningún comentario :