Xenio e figura...
Intento, con algúns atrancos, sosegar este meu ánimo saltareiro que tanta latiña dá. O ideal sería reaccionar ante as circunstancias, non digo con estoicismo, que tamén, pero cando menos con serenidade; amólame este temperamento visceral que me fai sentir os desgustos nas mesmas tripas, coa conseguinte molestia que é doado supoñer. ¡En fin!, que pouco e pouco vou poñendo orde nesta cabeciña tola respirando fondo e afastando da mente os problemas.
Onte soubemos que o sobriño preadolescente desespera á nai e cabreeime, quizais máis con ela ca con el, porque cando se levan vendo as cousas ano tras ano non estraña o resultado. Claro que... ¿quen llo explica á nai? A min que non me miren.
Ningún comentario :
Publicar un comentario