Relevo
Chegan novas fornadas de xente disposta a gozar das vacacións, sen dúbida ben merecidas; coches e máis coches converten as estradas comarcais en arremedos de rúas urbanas; o quiosco non dá abasto para atender tal demanda de prensa e lambetadas; na panadería medran as colas, e o paseo transfórmase nun slálom xigante sen esquís. De cando en cando o ceo vibra de paxaros humanos e o mar axítase de botes, iates, veleiros e motos acuáticas. O altofalante da praia repite a mesma mensaxe até o cansazo: prégase aos señores bañistas que non saian da zona de baño. Isto ferve de xente. Hoxe cruceime cunha procesión acompañada da banda de música; portaban tres imaxes á capela; ían serios, vestidos de domingo.
No bar da Ramallosa non cabía un alfinete máis.
Na casa estase ben.
Ningún comentario :
Publicar un comentario