O engano das aparencias
Nunca hai que fiarse da xente afable, de talle mediano, dedos delicados e risadas alegres. Eses dediños alongados e finos buscan e atopan musculiños doridos e retortos onde unha nin sabía que existisen. Salpica o traballo de frases animadoras, do tipo cómo tes isto, molesta, ¿non si? (¡non vai molestar!), contigo podo traballar ben porque non te pos ríxida (a miña maldita manía de colaborar), deberás volver o martes (se sobrevivo até entón), qué ben estiras (por iso abusa)...
¡En fin...! Qué desfeitiña me deixou o moi... profesional.
Ningún comentario :
Publicar un comentario