3.8.04

O deporte máis antigo do mundo
Dúas mozas falan dunha terceira, loira, alta e bonita, cuxo noivo, por riba, ten diñeiro; aprenden o oficio nunha academia de perruquería, onde acoden clientas variadas ás que elas non coñecen.
Que se non é tan guapa; que se eu me adobío así, estou mellor ca ela; que se debe de estar co fulano pola pasta; que ademais está operada...
Por aí xa non pasou a clienta muda, mais coa orella alerta. Deu media volta, ollounas moi seria e soltou: Estades falando da miña sobriña, e asegúrovos que nin sequera a operaron de apendicite.

Ningún comentario :