Risadas misteriosas
Por imperativo das circunstancias, a semana pasada cambiei de fisioterapeuta; agora aténdeme un mozo bastante afable que, de cando en vez, solta unhas risadas desconcertantes cuxa causa aínda non controlo. Dubido moito que se debesen ao que lle estaba contando, máis ca nada porque correría o risco de quedar sen clientela.
En casos coma este si sei poñer cara de póquer, máis ben de aquí non pasa nada, ata que o coñeza un pouco máis. Polo momento, o que en realidade importa é que sabe o que fai, traballa ben e non me tratou coma a un polbo ao que cómpre mazar para que coza como debe. Mañá terei a segunda sesión. A ver se saco algo en claro desas gargalladas fóra de lugar.
Ningún comentario :
Publicar un comentario