10.8.04

Mágoa non comelos cando eran tenros
Unha vez máis comprobo qué ben estamos B e mais eu sen aturar malas caras, impertinencias, burlas, berros e mexadas fóra do ouriñal na casa.
Mellor non digo qué faría eu no hipotético e imposible caso de ter un par de individuos de entre oito e trece anos baixo a miña tutela as vintecatro horas do día. ¡Ufff!
Pero nada, nada: medrade e multiplicádevos, que un botón non serve de mostra.

Ningún comentario :