Relevo
Chegan novas fornadas de xente disposta a gozar das vacacións, sen dúbida ben merecidas; coches e máis coches converten as estradas comarcais en arremedos de rúas urbanas; o quiosco non dá abasto para atender tal demanda de prensa e lambetadas; na panadería medran as colas, e o paseo transfórmase nun slálom xigante sen esquís. De cando en cando o ceo vibra de paxaros humanos e o mar axítase de botes, iates, veleiros e motos acuáticas. O altofalante da praia repite a mesma mensaxe até o cansazo: prégase aos señores bañistas que non saian da zona de baño. Isto ferve de xente. Hoxe cruceime cunha procesión acompañada da banda de música; portaban tres imaxes á capela; ían serios, vestidos de domingo.
No bar da Ramallosa non cabía un alfinete máis.
Na casa estase ben.
1.8.04
31.7.04
Sorriamos
La revelación (Bocas del tiempo de Eduardo Galeano)
Un ciudadano recién llegado al mundo estaba durmiendo, desnudo, en la cuna.
La hermana, Ivonne Galeano, lo miró y salió corriendo. Golpeó las puertas de sus vecinas, y con un dedo en los labios las invitó al espectáculo. Ellas abandonaron sus muñecas, a medio vestir, a medio peinar, y en puntas de pie, tomadas de las manos, se asomaron a la cuna del bebé. No se pusieron coloradas de envidia, ni palidecieron por el complejo de castración. Aguantándose la risa, comentaron:
-¡Mirá lo que se trajo este loco para hacer pipí!
(Mellor será que non engada máis nada).

Mano de obra (Bocas del tiempo de Eduardo Galeano)
Mohammed Ashraf no va a la escuela.
Desde que sale el sol hasta que asoma la luna, él corta, recorta, perfora, arma y cose pelotas de fútbol, que salen rodando de la aldea paquistaní de Umar Kot hacia los estadios del mundo.
Mohammed tiene once años. Hace esto desde los cinco.
Si supiera leer, y leer inglés, podría entender la inscripción que él pega en cada una de sus obras: Esta pelota no ha sido fabricada por niños.

Sentidos
Excursión duns quince adolescentes; parados diante do autobús, ocupan a beirarrúa; métome no medio para pasar, salpicando "desculpa", "permíteme", "por favor", palabras que fan efecto relativo. Noto algo raro, demasiada quietude en xente tan nova, movementos curtos, conxelados. Fíxome nos lentes de sol, nos ollos perdidos, nalgún bastón branco...
Veume á cabeza J, un alumno cego que tiven. Movíase igual ca eles, a cabeza inclinada cara ao chan, aguzado o oído, a expresión concentrada e alerta.
Continúo o meu camiño, no corazón un oco dorido. Non o terán doado.

30.7.04
29.7.04
A miña fauna
-Moucho: Ave impredicible que adoita agachar a cabeza baixo a á no momento menos axeitado.
-Tigre: Félido áxil e feroz que sofre ataques de agresividade diante das cebras.
-Cebra: Équido salvaxe, polo xeral pacífico, que bota a correr presa de pánico cando atopa un tigre ao seu paso.
-Paporrubio: Paxariño miúdo, amante do miolo do pan e das faragullas de mazá, cuxa misión nesta vida é achegarlle algo de cor.
-Aguia: En perigo de extinción, esta maxestosa ave aparece moi de cando en cando, segundo as circunstancias (unha ou dúas veces ao ano).
-Rato: Roedor miúdo moi afeccionado aos libros; devora cantos pilla no seu camiño. En ocasións, mesmo os busca.
-Mono: Como o seu nome indica, encántalle facer monadas para ver rir a xente.
-Paramecio: Protozoo ciliado que vive en augas estancadas alimentándose da súa propia merda. É un dos máis perigosos.
-Miñoca: Anélido sensible e delicado moi prezado como engado polos pescadores.
-Gato: Félido, por veces domesticable, amante das caricias cando lle peta. Se lle tocan a moral, saca as unllas.
-Biosbardo: Mamífero fuxidío, anoxado cos humanos que negan a súa existencia. Prepara a súa vinganza desde tempo inmemorial.
-Mula: Caracterizada pola súa obstinación, consegue sacar dos eixos os máis temperados. Non cae da burra até que non leva un par de boas *******.
-Peke: Animaliño indefinido e improbable, caracterizado polo gusto patolóxico de aloumiños. Impredicible e desconcertante, encerra no seu cativo ser tantas contradicións que a súa domesticación resulta imposible. Non adoita ser perigoso, pero tampouco convén confiarse.

27.7.04
Abafo
Visita rápida e familiar á aldea sagrada que me serve para comprobar o aviso (ou ameaza) de Cesare: Xa verás que calor vai aquí. ¡Ufff! Non lembraba tal, abofé, non lembraba tal. Por riba, a vivenda dos pais está no quinto andar dun edificio vello, que non antigo, onde o sol bate coa mesma inxustiza dos inconscientes; o tipo de construción é o normal da zona nova desta aldea, malo, malísimo, e non hai ascensor. Se temos en conta o estado (precario) e idade (avanzada) dos meus proxenitores, comprenderase moi ben que cada unha das súas saídas á rúa se convirta nunha expedición, sobre todo o retorno ao campamento base: setenta e pico chanzos percorridos en oito ou dez etapas separadas entre elas por outros tantos descansos. ¡Meus! Mellor non pensalo.
Contra ás seis, non aturo máis os asubíos, a calor, o afogo, a sensación de vaime dar algo e emprendemos o regreso. Nunca agradecín tanto atopar o fogar envolto en fría néboa.
O que non impediu que a praia estivese ateigada até a bandeira.

26.7.04
¿Malas palabras?
Sinto unha particular querenza polas palabras contundentes, expresivas, gráficas e sonoras, que che enchen a boca ao pronuncialas e baleiran-se o tes- o enfado. Na fala non ando con miramentos e salpico o discurso cuns cantos *******, ***** e ******* que, dado o meu aspecto, chocan ao interlocutor e lévano a mirarme dúas veces por se escoitou mal. Á terceira ou cuarta, xa se decata de que escoitou de marabilla e de que o meu verbo fácil e fluído non é obra de tres días.
Na escrita..., en fin, na escrita non se me dá ben, máis ca nada porque os signos de puntuación non conseguen suplir o ton de voz, o aceno das cellas, o movemento da boca, o axitar de mans e todos eses miúdos detalles que converten un ¡carallo! no súmmum da elocuencia.

Malas palabras (Bocas del tiempo. Eduardo Galeano)
Ximena Dahm andaba muy nerviosa, porque aquella mañana iba a iniciar su vida en la escuela. Corriendo iba de un espejo a otro, por toda la casa; y en uno de esos ires y venires, tropezó con un bolso y cayó desparramada al piso. No lloró, pero se enojó:
-¿Qué hace esta mierda acá?
La madre educó:
-Mijita, eso no se dice.
Y Ximena, desde el piso, quiso saber:
-¿Para qué existen, mamá, las palabras que no se dicen?

25.7.04
O pracer máis intenso
Recuperar esta febre, esta ansia, este ferver de cabeza que semella poñerme ás nos dedos; seguir as revoltas duns seres que se van formando a golpe de teclas; intuílos completos; sentir no máis fondo que esta vez si, esta vez teñen futuro e acabarán adquirindo formas que aínda descoñezo; experimentar isto e algo máis despois dun período de pavor ante a idea de que nunca volvese.
Gustaríame cantar, bailar..., non sei, celebralo a berros. (¡Que alivio tan grande!).

Multitudes
Como cada 25 de xullo as praias énchense de xente disposta a pasar o día como se supón que é o mellor xeito, inda que para moitos sexa un sacrificio incruento.
Vai tanta calor que decidín ir mercar a prensa en coche, ante o risco de caer redonda no medio da foz. Ás veces teño ideas peores. Por sorte, puiden aparcar á sombra dunha árbore sen dar moitas voltas.
O tráfico aumentou tanto nestas semanas que a rotonda ferve de decibelios; apenas escoito as palabras da quiosqueira, malia que xa perdeu o costume de tapar a boca coa man mentres me fala. Marcho despois dunha conversa interrompida por un ronsel de clientes medio espidos á última moda; o teléfono dos taxistas non cesou de soar na parada deserta intentando sobrepasar sen éxito o ruído ambiental. A terraza do bar onde adoito tomar un té con xeo está ateigada de xente, só quedan libres as mesas petadas de sol; o teíño tómoo na casa, ao abeiro da miña cova en penumbra, lonxe de rebumbios. Ogallá que os veciños non fagan unha das súas festas.
Por momentos acho de menos a tranquilidade do inverno.

24.7.04
Cacao
Ocórreme de cando en vez sentirme confusa, como se o que me rodea se convertese nun galimatías inintelixible ou eu, nunha analfabeta da vida. Amólame polo meu lado práctico, que se desconcerta unha barbaridade e anda perdido coma ánima en pena. Polo outro (non me atrevo a chamarlle teórico), non me preocupo en exceso; sempre atopa calquera miudeza coa que entreterse.

23.7.04
Sen ánimo de levar a contraria
Que a ninguén lle gusta sufrir é unha verdade coma unha catedral; que cando atravesa unha etapa amolada rebélase coma un peixe prendido no anzol, outra; pero que se negue a ver a utilidade dun deses períodos xa me parece discutible.
Non, non creo que esteamos aquí para sufrir nin que isto sexa tan só un val de bágoas (o masoquismo non me vai nadiña), pero estou convencida de que tras o trebón vén a calma; de que, se nos mantemos receptivos, sabemos observar e atamos cabos, esas tempadas amargas teñen moito que dicirnos.
O problema, coma sempre, é (non) querer escoitar.

22.7.04
Touro
A B non se lle ocorreu mellor símil ca este para cualificarme despois de contarlle..., en fin, iso é o de menos. Mal, mal, non me pareceu, por aquilo do signo, aínda que a miña pertenza a el sexa só nominal e non sirva para nada. Pedinlle que matizase:
- Beeen -comezou cun sorrisiño que non agoiraba nada bo-, un chisco irreflexiva, se cadra.
- ¡Irreflexiva eu! -exclamei sen saber se cabrearme xa ou permitirlle continuar.
- Para estas cousas, si, Peke -o sorriso xa era tenro e os olliños, pillabáns.
- Pero eu penso moito, doulle voltas a todo, escoito... -retruquei, consciente de que mesturaba allos con porros.
- Si, claro que si, pero cando te cegas...; a xenética, Peke, xa sabes como é. Cuspidiña a teu pai; he, he. Cotades o trapo vermello como se vos fose a vida nel.
Calei un anaco para pensar, deglutir e suspirar.
- Vale, será así, pero tampouco me meteron tantas estocadas...
A conversa, ao meu pesar, non daba máis de si. Á fin, non lle podes tomar nada a mal a alguén que te mira como el me miraba.

21.7.04
De verzas
O problema das verzas coma min é que nos inchamos a meter a pata sen encomendarnos a santos nin a diaños e, claro, pásanse uns apuros bochornosos do máis incómodo, sobre todo nesta época estival. Xa vai calor abonda no exterior como para, por riba, ser de súpeto consciente de que acabas de deixar un rastro escrito do teu estado semicatatónico: a fogaxe castiga a face, a suor empapa a camiseta e o berro de trágame, terra chouta coma un lóstrego de circuíto en circuíto, co risco de rebentar... algo, non sei qué, pero algo.
Con este van tres, TRES, nos últimos días. Terei que facer... algo, non sei qué, pero algo (¿quizais esconderme?).

Só quedou nun susto
Empezo a pensar que este modelo de coche me persegue. A primeira vez case me enredo a golpes co conductor por convidalo con amabilidade a retirar o seu vehículo do medio porque molestaba. Se se me ocorre citarlle á nai, non sei cómo reaccionaría. Onte un aprendiz de geipollas estivo a piques de varrerme preto dunha rotonda por tomala en dúas rodas no centro urbano.
Conteillo a B despois de cear, en afable sobremesa, e vin como se lle demudaba a faciana. Acababa de escoitar na radio unha desas tertulias que trataban dos accidentes de tráfico e na que non podía faltar o comentario o peor é que os accidentados non pasan dos vinte anos. Claro, pobriño, só tiña vinte anos. E a muller de mediana idade á que case saca do medio, ¿que? Pois nada, unha estatística máis, unha pensión menos á conta do Estado e outro viúvo que engadir ás excepcións.
Nota: Geipollas: termo achegado por unha alumna de B, tan gráfico e expresivo que o fixemos noso. O significado é doado de enxergar.

20.7.04
Precisión, indecisión, confusión
Aborrezo as rimas na prosa e os adverbios en -mente, ata o punto de revisar un texto moreas de veces na súa busca e captura. O safari só esixe unha arma: atención; ben, minto sen querer, tamén se precisa calma e bo ollo -ou bo oído, depende- na tarefa de identificar os solapados.
Gústanme a precisión e os matices, de aí que ande sempre á regueifa co exceso de adxectivos, un dos meus vicios, a pesar de que, ao eliminar algún, me quede ás veces certa sensación de perda.
Unha idea pódese expresar de moitos xeitos, de aí que, perante tres ou catro opcións, haxa días en que permaneza varada sen saber cál escoller, comesta pola incerteza.
Ao remate, xa non sei se o mellor método é tirar para adiante á boa de Deus ou converterme nunha inquisidora da lingua.
Nota: Si, teño escoitado falar do término medio.

Obrigada
A Martin Pawley por descubrirme a Mariasun Landa, autora de Un crocodilo debaixo da cama. Lino onte pola tarde cun sorriso interior que me durou varias horas. Pasen e vexan; ¡non se corten!

19.7.04
Obras
É un dicir, porque a obra está máis parada có monumento a Torrente.
Todo comezou cunha pingueira no garaxe que proviña dun cuarto de baño; formouse un charco e avisamos o dono da casa. Este chamou a súa aseguradora e veu o fontaneiro. Picou, levantou os sanitarios e atopou a humidade, pero... velaquí que barrunta a orixe na casa veciña. Cómpre agardar.
Os veciños só están deseguido durante o verán; sería esperable que a humidade medrase, ¿non? Pois non. Xa non hai pingueira, o cuarto de baño segue inutilizado á espera de que decidan volvelo montar; as cousas deben seguir o seu ritmo, nunca coincidente có dos inquilinos. E aquí estamos, empantanados desde hai quince días.
Menos mal que no desconcerto coincidimos todos: perito, fontaneiro e inquilinos. Veremos qué pensa o propietario.

Tempo e tempo
Aínda que semelle incrible, de cando en vez detéñome a pensar. Ocórreme cando me decato de que se produciu unha mudanza nalgún aspecto da vida ou do sentir; por exemplo, coa percepción do tempo. Un bo día cruzoume a cabeza a sensación de que o tempo non transcorría, que estaba aí, que eramos nós os que pasabamos por el; outro, percibín nidia a entrada no outono polo recendo do aire, á marxe de calendarios e meses; á fin, un máis, sentinme fluír no tempo e no espazo ao xeito aplicado noutros campos por Csikszentmihalyi.
Descubrín este autor de nome impronunciable pola recomendación dun psiquiatra a quen lle gustara moito Fluír, obra que achega unha nova visión do benestar.
Pero estou derivando, como adoito. Comezo cunha idea, ganduxo outra sen relación aparente e remato falando, a base de percorrer retortos meandros, dos mellores métodos para conseguir que os biosbardos procreen en liberdade.
Aínda que, ben mirado, tratábase diso: o tempo e o tempo; sen présa.

18.7.04
En orde (máis ou menos)
Arranxados os problemas co cacharro sen maiores perdas grazas as habilidades ocultas de B, matino neste mal costume de afogar nun vaso de auga, sen dúbida herdado, que de cando en vez se comprace en lembrarme de quén veño sendo.
Gugleo na procura de pantasmas, escribo, merendo e alédome de non notar demasiada calor na miña cova.
Case podería asegurar que é un día perfecto. Case.

Ao meu pesar II
Continúa mancándome:
-Reaccionar de xeito máis visceral ca razoable ante o que esixe cerebro.
-Sentirme culpable por non satisfacer as propias expectativas.
-Intentar convencerme de que morreu a miña capacidade de fabulación.
-Non poder desfacerme dun lastre demasiado pesado.
-Que me asolague a morriña do que non son nin poderei ser.
-Renunciar ao que debo renunciar.
-Non dar chorado máis acotío.
-Facer coma quen non pasa nada.
-O péndulo do meu ánimo.
-Ignorar en qué dirección nado.
-As encrucilladas envoltas en brétema.
-A impaciencia para comigo mesma.
-Dubidar do que creo.
-Os días sen ilusión.

16.7.04
15.7.04
Ao meu pesar I
Continúa molestándome:
-Que me fiten con impertinencia (antes botaba a lingua ao mirón; agora amólome).
-Que me digan cumpridos pola rúa (e se son bastos, moito peor).
-O servilismo (xa dei cun método para contrarrestalo).
-Que alguén a quen non coñezo me solte cariño, cielo, neniña e palabras semellantes só porque quere venderme algo.
-Que pretendan endosarme un regalo (acotío espantoso) por contratar un servizo.
-Que non se entenda o significado da palabra NON.
-Que me atendan nun local público perdoándome a vida.
-A grosería dos clientes coas persoas que están detrás do mostrador.
-Os babosos.
-Que os taxistas da parada... (mellor non, que Teki se cabrea).

Encargas
Vou á hiperpapelería da zona encargar os dous libros recomendados en recentes posts por Pawley e Cesare. Hai tempo que non leo boa literatura infantil e apetéceme.
O libreiro, un home serio e pouco dado á conversa con estraños, xa sorrí cando me ve; mesmo intentou unha vez apropiarse dun libro que eu pedira, pero non lle dei opción. Mal sabe el con quen trata.
Adoito repartirme entre tres librarías por dúas razóns: contribuír á marcha das mesmas (todos teñen dereito a comer) e..., ben; dáme certo apuro que me digan ¡vaia!, vostede moito le, como se o feito de ler fose algo clandestino ou digno de censura.
O do centro da Vila Real, bolecho e calvete, é un dos máis afables, sempre ten algún comentario que el coida amable e ás veces identifica as obras polas cores da portada. Comparte comigo o gusto polo polaco e intenta manterse ao día do que lle vai chegando; comprendo que non o consiga.
A das aforas -florista, ademais- encarna a discreción, anota o pedido e loita coas distribuidoras que lle discuten a existencia deste ou aquel libro. Charlamos moito e coa confianza de dous anos de trato; gústame que non aluda ao meu vicio nin para ben nin para mal.
Tamén merco por correo; pero esa é outra historia.

14.7.04
Megafonía ||
Dime B (o fino oído desta familia) que hoxe, durante as tres horas que permaneceu na miña cova, houbo dúas perdas: unha nena loira de catro anos e un Fulaniño cun nome que non distinguiu; en ambos os casos reclamábase a inmediata presenza dos pais.
Se as criaturas eran tan temibles coma algunha que eu sei, os megafonofalantes teñen gañado o ceo. Non é moito nos tempos que corren, pero menos dá unha pedra.

Rarezas
O pai dunha ex-compañeira (e, porén, amiga) decidiu un bo día non volver saír da casa; até que morreu, permaneceu vinte anos metido no seu oasis privado sen necesitar nada que este non lle ofrecese. Se había visitas, atendíaas con corrección se lle apetecía; en canto cansaba, retirábase ao despacho sen que ninguén se sentise molesto ou ofendido.
O detalle pareceume estupendo naquela época, en que me acometían estraños devezos anacoréticos, pertinaces e teimudos coma moscas de setembro. Si, claro, ¡que cómodo!, ¿non?, contestou a amiga ao meu aplauso. Pois si, qué cómodo.
Agora penso tamén que qué aburrido.

Marear a perdiz
Actividade practicada acotío por expertos, aprendices e afeccionados cun empeño digno de mellores causas.
A frase en cuestión ten unha base real, desde a que se estendeu a outras áreas, a todas en realidade. A min cánsame un chisco e, cando a intención perseguida é evidente, irrítame.
Claro que eu son moi rara.

13.7.04
Non pasa nada
Encántame esta facultade humana de observar as cousas desde varias perspectivas, moi útil á hora de confortarnos dalgunha desfeita ou conformarnos coa nosa sorte.
Como di un vello proverbio oriental, se o asunto ten remedio, ¿por que preocuparse?; se non o ten, ¿por que preocuparse?.
Pois eso, non pasa nada máis que cómpre levar o aparello a que o desinfecten e o deixen noviño do trinque; iso si, partindo de cero.
Cando o que temías se fai realidade, descobres que non era para tanto, que se cadra a vida che regala a oportunidade que agardabas para organizarte doutro xeito, para comezar unha vez máis sen lastres nin prexuízos.
As limpezas inesperadas traen estas sorpresas.

12.7.04
Compulsións
Pasei a tarde sentada na sala co libro aplicando cores a un mandala, mentres B fochicaba no becho, actividade que lle encanta. O problema non está resolto, malia os avances. Agora continúa dándolle voltas ao asunto e buscando solucións até o momento de volver falar co experto.
Só é unha máquina, Peke, dime cun sorriso que quere ser tranquilizador. Seino, só é unha máquina.

INHALAR -pausa- EXHALAR -pausa-
Seguindo as indicacións telefónicas do experto, B intenta rescatar -ou reiniciar ou reconfigurar- o windows que fuxiu do meu ordenador; vai queimando etapas paseniñamente mentres eu procuro prepararme para o peor: a perda dos arquivos (¡¡¡aissss!!!).
Como son unha ordenada desordenada patolóxica, supoño (tan só supoño) que a maioría deles están en disquetes, pero non teño seguranza ningunha; acudo a todos os recursos aprendidos en diversos manuais para non perder a serenidade nin cagarme no fillo da súa nai desocupado e malnacido que inventou un virus de tal calibre. Evito por todos os medios caer nos pensamentos deformados da personalización, do catastrofismo e do "pobetiña eu" que me roldan coma harpías de poutas esgrevias; en xeral consígoo, malia certos momentos de extrema febleza que levo como mellor sei.
Este ano foi tan raro e anormal que ignoro por completo se fixen copias dos cambios que me ían xurdindo nos distintos proxectos, e dígome que, por un lado, é unha excelente oportunidade para volver empezar; por outro..., ¡enfin!, por outro non me digo máis ca ordinarieces.

11.7.04
Megafonía
Vivir para ver. Pensaba que o sistema de megafonía funcionaba tan só en estacións de tren e autobuses, aeroportos, supermercados e grandes superficies comerciais. Estaba trabucada; desde primeiros de mes escoito o inconfundible din-don anunciador dunha desas amables voces metalizadas. Como xa non vivo preto da RENFE, a inicial confusión deu paso á lampadiña luminosa dos dibus: ¡arre demo!, ¡mira que son modernos nesta praia!

Virus e bacilos
Non sei se se debe ao virus ou a que teño que usar un ordenador que non é o meu, pero síntome pelexona. Había ben de tempo que non me ocorría; moléstame todo, salto por calquera parvada e cómprenme grandes esforzos para non botar a lingua a pacer ou encerellarme nunha liorta que me dispare a adrenalina.
Irrítame até cegarme o vello tópico que se empeña en separar homes e mulleres coma se non pertencesen á mesma especie. Nunca fun quen de compartir esa solidariedade co meu sexo que brinca por riba do razoable ou do que coido xusto; tampouco comprendo a irmandade entre homes polo mero feito de ser iso, homes. Creo que esa actitude contribúe a manter un sexismo que a estas alturas da evolución humana debería estar máis que superado. Lémbrame o corporativismo abstruso entre compañeiros de profesión, malia que o compañeiro en cuestión sexa un auténtico fillo de mala nai e peor pai. Oféndeme que me metan no mesmo saco ca a unha víbora só porque gañamos a vida do mesmo xeito ou que se dea por suposto que padezo os mesmos vicios ca outra por ser muller.
Pois non. Non me peta facerme cómplice e apoiar unha persoa por tetuda e rexeitar outra por piroluda; négome a comportarme por sistema, vai en contra de todo aquilo polo que levo loitando desde que teño uso de razón.
A próxima vez que me digan muller tiñas que ser serei incapaz de controlar os meus instintos máis violentos.

10.7.04
9.7.04
Envexa
1. Sentimento de pesar polo ben alleo
2. Cobiza, desexo de facer ou ter o mesmo que fai outra persoa (Dicionario Xerais da Lingua).
Definicións asépticas que non din nada do que desatan en quen a experimenta, das actuacións irracionais e malévolas en que desemboca.
Unha meiga de Auria contábame o caso dunha muller que se recoñecía enferma de envexa, ata o punto de pasar noites sen durmir polo novo felpudo da veciña mercado nun todo a cen. A min recomendoume un ritual cunha vela para escorrentar o suposto meigallo que un envexoso me botara; explicoume tamén que as allas eran moito más efectivas cós allos á hora de protexer o portador de influenzas nefastas, teoría compartida por unha médica coa que charlaba de cando en vez. Esta última aconselloume conseguir unha cruz de Caravaca, cuxos poderes mesmo acadarían sandarme.
E todo isto pola envexa, sentimento provocador de esaxeradas reaccións que tamén pulula por interné e que a min me custa comprender.
Sospeito que son unha pánfila.

8.7.04
A primeira vez
A primeira vez que entrei nunha aula con trinta persoas batíame tan forte o corazón que os latexos me resoaban nos oídos igual ca golpes de tambor; as pernas, convertidas en dous troncos de amorfa xelatina, case se negaban a desprazarme; tiven que apoiar as mans na mesa para que non se notase o baile da pluma mentres pasaba lista, e a voz..., en fin, a voz semellaba saír dunha trompeta desafinada, atascada e vella. Foi unha das peores experiencias da miña vida.
Logo escoitei por aí que a nova profesora tiña pinta de dura e malas pulgas e que cumpría andar con moito tino con ela. Fíxome graza, moitísima graza. Mal sabían que apenas podía durmir polas noites, que pasaba as tardes estudando e corrixindo, que cada mañá representaba unha nova batalla da que dubidaba moito sobrevivir. Durante o primeiro mes perdín cinco quilos, afiáronseme os trazos da faciana e andaba en perenne alerta coma se tivese a obriga de controlalo absolutamente todo.
Anos despois souben que iso pasaba moito máis do que eu cría. O peor, dixome unha amiga, era notar trinta ou corenta pares de ollos fixos en ti, observando cada xesto, cada movemento, cada tic para arquivalos e analizalos, comentalos con outros e esmiuzalos e, á fin, sentenciar sen posible apelación.
Coido que gañei o seu respecto a vez que contestei non o sei, pero dígocho mañá a unha pregunta que me fixeron.

7.7.04
Actividades nocturnas
Hai dous días, aínda medio durmida, descubro con estupor que un dos meus dedos golpea seguido un punto da coxa, xusto onde adoito ter un inexplicable negrón. Onte, no mesmo estado entre o sono e o espertar, a man dereita xira e xira de esquerda a dereita coma se estivese apertando un parafuso. Hoxe espertei tecleando un invisible teclado.
Agora comprendo por qué me ergo dorida e mazada tan acotío.

Bochorno
Levo o coche ao taller para que lle miren o aire acondicionado, que non funciona ben; ás veces nin sequera funciona. Dígolle ao home que revise tamén o depósito de auga, por se está furado. Marcho a coller un taxi que me transporte deica á Ramallosa e uns metros antes de chegar soa o telefonino: o home do taller dime que todo está en orde, que volva para alá e falamos. Sensación de "terra, ábrete e trágame" molesta a máis non poder. O taxista ri con ganas, pero solidarízase comigo: vostede levouno por algo e fixo ben....
Total, que o maldito aire funcionou de marabilla diante do especialista; que se volve fallar vaia decontado ao taller, pero así non pode ver nada. Non me cobrou. O taxista -un bo home, ¡seguro!- só me cobrou unha carreira. A quiosqueira comentou que hoxe debía de ser o meu día de sorte. Si, pero o madrugón non mo quita ninguén.

5.7.04
Presente imperfecto
Apoias o lombo na parede e dobras as pernas; coas mans sostés a cabeza, malia que o peso dos cóbados nas coxas non acaba de agradarche. Unha soa idea éncheche a mente e, se puideses, estarías moi lonxe dese patio acugulado de xente. Hai moitos grupos espallados comentando as súas cousas, pero ti non formas parte de ningún. Prefires estar só. Hoxe. Onte. Sempre.
Non podes evitar sentirte amargado, a pesar de intuíres que ti tamén tes certa responsabilidade na situación que vives, que contribúes coa túa actitude de illamento voluntario a que ninguén desexe preguntarche cómo te chamas, a que ninguén se incline cara a ti e che faga un comentario afable, amable, cómplice. Non tes cómplices neste lugar; non tes amigos. Descoñeces a fonte de información, pero estás seguro de que todos ao teu redor saben o teu pasado que ti coidabas remoto. Non chegas a notar hostilidade, mais si indiferencia, coma se non existises, coma se foses transparente. Non che gusta, pero estás demasiado absorto na túa teima para comprender que a barreira tras a que te intentas abeirar tamén te esconde.
Alzas a cabeza e descansas os antebrazos no colo. Albiscas o teu compañeiro de mesa charlando con alguén que non distingues con claridade entre as sombras. Preto deles, un grupo de seis discute sobre algo que non oes pero adiviñas interesante polas expresións animadas das faces. Érgueste con pesadez do teu recanto e inicias o camiño ao interior do edificio. Por primeira vez en moito tempo es consciente da túa soidade. Pésache.
Transcorre a mañá con tanta lentitude que podes contar os segundos un a un, coma as doas do rosario que túa avoa deluva día a día, aferrada a un consolo que ti es incapaz de compartir. Saes só, corpo perdido na morea de corpos que se apiñan nas portas e, así, rodeado de xente alegre e barulleira, en medio da súa calor, notas unha puntada dolorosa no peito. Dolorosa e xeada. Queres chorar, mais non permites un desafogo que coidas febleza; apertas o paso, case corres, para chegar á casa e que ninguén se decate do que sentes.
A túa avoa ansía un bico que ti non lle regalas; sentas á mesa e xantas sen falar. Ela agarda. Agarda dende hai tempo as túas confidencias. Agarda en balde. Méteste no cuarto e pechas por dentro. Acendes a radio e escoitas calquera música, tanto che ten. Por fin, na intimidade, permites que as bágoas escorreguen mainas dos teus ollos. Non as podes deter. Dormes.
Espertas á tardiña, a cabeza dorida, o pasado presente. Unha vez máis, o sono revive o pesadelo. Óllaste a ti mesmo de cativo, agachado, o terror tan intenso paralízate. Eles búscante, pero ti sabes que non é para quererche. Atópante. Berras. Protexes a faciana coas túas mans feridas. Sangras.
Queres afastar de ti o remate da historia, como se nunca a vivises; é inútil. Cando a primeira parte fai acto de presenza, o resto atrapállase na memoria. Ves un cativo nun cuarto escuro, esperando que os ruídos se apaguen. Abres a porta centímetro a centímetro, andas descalzo polo corredor; o luar ilumina a cociña; tremes; buscas; non dubidas. O espello do corredor que conduce ao seu cuarto devólveche unha imaxe que case non coñeces; asústaste do ollo negro, do sangue seco pegado no nariz, das queimaduras na fronte e nas meixelas, da orella partida, de ti... O único devezo que te move é que isto acabe para sempre. Apertas con dificultade o trinchante na túa pequena man e entras. Tes sorte. Os dous dormen.
Pechas os ollos para non seguir mirando. É inútil.
A avoa peta na porta con suavidade. Hai que cear. Quere falar contigo. Non se atreve.
Ignoras o que comes, aínda que a túa mirada non se afasta do prato. Sacódeste ao notar a man dela na túa; ficas quieto, o garfo detido entre a boca e a mesa. Algo amolece en ti, por moito que non queiras. Amósache uns papeis. Cóntache algo. Parece animada coma nunca. Tes unha moto.
Ao día seguinte non chegas ao instituto. Ninguén te acha de menos; só o xefe de estudios se decata de que Fiz Vilariño Pereira, o novo alumno, falta ás súas clases desde hai unha semana. Chaman á casa. A avoa chora.
A Garda Civil búscate. Atopan no monte, preto da moto esbandallada, o teu corpo roto. Semella que sorrís. A avoa chora e deluva as doas do rosario unha vez máis.
As clases suprímense. Barullo no patio, risos, carreiras, carteiras esquecidas. Día de festa. Ninguén te lembra.

Aclaracións previas
Vidas exemplares é un libro de relatos non precisamente alegres. O que escollo como mostra é o máis curto -apenas catro folios- e, se cadra, o máis triste (unha amiga cualificouno de terrible). Non todos son así. Escribino nun estado de ledicia eufórica, cunha idea moi vaga de como se ía desenvolver; foi un dos poucos que saíu dun tirón. Cando o rematei, quedei horrorizada de min mesma. Vai no seguinte post e espero comentarios sinceros.

4.7.04
Imprimindo
Corrixo e imprimo un libro de relatos segundo os cambios aceptados pola RAG e manexando o VOLGa, por fin editado. Vou páxina a páxina nunha tarefa que non me desgusta, aínda que experimento estrañeza ante o que leo, escrito hai xa algúns anos.
Este libro non naceu con estrela, a pesar de procurarme momentos estupendos a súa accidentada redacción; diversos incidentes que non veñen ao caso acabárono metendo nun caixón á espera de que eu decidise qué facer con el. Agora quería darlle unha oportunidade máis enviándoo a outra editorial, mais a relectura desconcértame.
Sopeso o que sopesaría a casa partindo dos escasos lectores en galego que ten Galicia: ¿a quen lle interesa este tipo de contos?, ¿interesan os contos, en realidade?, ¿que saída terán historias tan truculentas?, e a nai do año, ¿encaixaría nos institutos?
Pregúntome a min mesma se realmente é firme esta decisión, se me apetece ver publicada esta obra; non sei qué responder.
Tirarei para adiante, supoño, pero sen moita ilusión. Nestes asuntos cómpre ser realista.

3.7.04
Busca solitaria
Deben de estar sedentos de amor porque a todas horas chaman e chaman con insistentes rechouchíos; coidei que sempre era o mesmo, mais desenganeime: hainos a moreas. Danme ganas de axudalos a atopar merla cando se poñen tan impertinentes, malia saber que esa tarefa deben emprendela sós. Coma todos.

Relacións persoais
Antes era moi selectiva; parapetada tras un muro de manías, temores e prexuízos, non me permitía ningunha lixeireza e fiaba moi fino, tanto que ás veces ese fío rachaba convertido en fiaño. Creo que buscaba unha perfección imposible.
A sorte de crecer é a evolución, sobre todo se un se decata da falsidade dos seus parámetros e rectifica a fondo. Os chascos forman parte do xogo: entrégaste, engánante, utilízante e foxes desa espiral. Pouco e pouco volves ao campo de batalla envolta nunha armadura protectora, até que chega o momento en que te liberas da ferralla, sabedora de que a única protección posible e efectiva emana do interior.
Non espero nada de ninguén; se recibo, cóidoo un agasallo, doulle un valor enorme, pero non procuro máis nada; prefiro deixarme sorprender. Aprendín, incluso, a mostrarme amable con quen me desgusta, quizais por ter constatado que a amabilidade desarma ao contrario. Non me cómpre forzarme, sáeme de xeito espontáneo, fluído, sen hipocrisía.
Se me comparo con quen fun, descoñézome. Agora sei que de todos e cada un dos que me rodean podo aprender e, se cadra, ata achegarlles algo que lles valla algún día. Cando lembro o belicosa que era, sempre en pé de guerra, agardando estocadas a traizón, decátome do moito que medrei facéndome máis pequena.
E sigo sorprendéndome de min mesma.

2.7.04
Conversar sen mover os beizos
Ou o que vén sendo o mesmo: conversar consigo. Non lembro de cándo data este costume, se cadra por ter xurdido cando aínda non sabía poñer nome a certos comportamentos. Como no fondo tendo a solitaria, sorpréndome acotío mantendo un diálogo a dúas bandas, en que Peke 1 se manifesta dubidosa e Peke 2 intenta retrucar con sensatez. De máis nova esas conversas resultaban delirantes debates entre dúas exaltadas que só conducían ao punto de partida, cunha boa dose de alteración engadida e moita máis confusión.
Á hora de encarar algo, a temerosa langranea e non dá decidido poñerse en movemento; a sensata incrépaa con todo tipo de argumentos, desde o insulto rastreiro até a gabanza engaioladora, pasando por unhas cantas frases cargadas de razón. Esgótanme as dúas; a primeira, por rabechuda e medrancas; a segunda, por resabida.
Hoxe atopeinas en plena discusión, armaban un barullo do inferno que me obrigou a deter o paso para distinguirlles as voces. Mandeinas calar sen contemplacións. De acordo, nenas, non o adío máis: esta tarde póñome a traballar.

1.7.04
Grata visita e cea espantosa
O blogalmente coñecido Cesare fíxonos a honra de visitar esta nosa humilde morada, pracer correspondido cunha cea que o destino quixo case incomestible. A fame do convidado non entendeu de durezas, e comeu dous pratos dun manxar estragado pola idiosincrasia do animal, ao que non lle abondaron máis de dúas horas de cocción.
Adoito preguntar a filiación do que merco para responder de xeito cabal ao terceiro grao de B; segundo a peixeira, o polbo era da ría. ¿De que ría? Da nosa. Pois vale.
O próximo mercareino xa conxelado e vaime dar igual que sexa forasteiro.

Dous tipos de usuarios
Segundo un amigo meu, hai dous tipos de usuarios deste becho: os que tiveron un problema informático e os que están a piques de telo. Eu pertenzo ao primeiro, como non podía ser menos.
Á marxe das miudezas, o peor que me ocorreu usando o ordenador foi perder unha novela case rematada. Como non me fiaba das miñas habilidades e notaba que algo non marchaba con normalidade, tiven a precaución de ir facendo unha copia en papel a medida que intentaba indagar qué demos lle ocorría á pantalla. Fracasei, por suposto, nas pescudas e, así como lle dei a aceptar os cambios, observei con auténtico espanto que o arquivo desaparecera. Empapada en suor e presa dun histerismo que me facía tatexar, chamei por teléfono a este amigo xa citado; primeiro ordenoume calma e logo acudiu -tal que un superheroe- ao rescate da novela perdida. ¡Ha! Imposible; estaba perdida de verdade. Aínda hoxe ignoramos por qué. A min non me pregunten.
O incidente tivo a súa parte boa: ao volver escribir de novo a historia fun corrixindo e matizando palabras, frases e detalles. Ademais serviu para desfacerme de vez do temor reverente que me inspiraba o maldito cacharro. Iso si, amoloume unha barbaridade.

30.6.04
Hai días
Cola no banco para as declaracións. Cola no quiosco para comprar a prensa. Cola na panadería, na pescadería, na caixa do súper... Colas, colas, colas... E que ninguén intente meterse polo medio en plan só vou facer unha preguntiña, porque son capaz de arrearlle un bolsazo. ¡Ata aí podiamos chegar!

29.6.04
Secuelas de soñar con J.K Rowling
Pois non, aínda non me recuperei do arrastre das camas e iso que xa pasaron once días, pero o asunto ten unha doada explicación: esta.
Pululan varias teorías sobre a causa desta doenza, as investigacións intentan aclarar por qué se produce e qué remedios poden aliviala, pero non hai conclusións definitivas; ademais, cada enfermo é un mundo e, á parte dos comúns, existen outros síntomas que varían segundo os tipos de persoas.
O meu caso -porque para os médicos son un caso, non un ser humano- é de libro, expresión cara á que experimento sentimentos encontrados, quizais porque inclúe, se non todos, un número abondo nutrido dos síntomas que serven para diagnosticala. De calquera xeito, a musculatura dun destes enfermos non resiste esforzos mínimos, entre outras cousas porque carece de forza e está perennemente contracturada e dorida.
En fin, que acabo de chegar da sesión semanal de fisio -hoxe non recibín ningunha bronca, aínda que soltei uns cantos sapos pezoñentos pola boca- e a miña sensibilidade está a flor de pel.
Mellor marcho e volvo noutro momentiño.

28.6.04
~/Õ/õ/~/ã/Ã/~
A primeira vez que vin mandar un fax coideino o colmo da maxia; non da modernidade, non; da maxia. Iso de que alguén puidese ler un texto que eu lle enviaba ao minuto seguinte era o non plus ultra. He, he, he. Xa non digo nada do ordenador nin do telefonino nin da interné, porque, malia saber que se trata de tecnoloxía, unha non acaba de dixerilo ao cento por cento. Para min que polo medio hai algún meigo facendo feitizos e ocúltannos o dato para non alarmarnos.
Poñer as ondiñas e as vogais nasais do título supón para min algo semellante. Premes catro teclas e... velaquí están.
Grazas ao señor Pawley que me aprendeu, agora poderei poñer todas as ondiñas que me pete.
¡Iupiiupiiuuuuuuuuu!

27.6.04
Unha historia vulgar
P e M forman parella desde hai tanto tempo coma nós. Viámonos con relativa frecuencia en Auria, cando eu aínda podía saír polas noites, e en Portonovo, onde se refuxiaban sempre que tiñan ocasión. A M atopábaa de cando en vez a media mañá e charlabamos uns minutos sobre o divino e o humano, evidentemente sen afondar. Un día estaba demudada; P contáralle que tiña unha historia cunha mociña e non sabía se iría a máis, que debía pensar e sopesar; a inquietude de M, a incerteza, palpábase a tres metros de distancia. Doeume a súa dor.
Deille voltas á situación porque son unha sentimental sen remedio; amólame que unha parella se desfaga, malia saber que as liñas da vida nin son rectas nin son liñas. Ao cabo dunha semana volvín atopar a M, moito máis relaxada. A historia de P coa mociña pasara sen maior transcendencia deixando tan só un pequeno pouso de medo e angustia axiña esquecido. Nestas estabamos, cando apareceu P sorrinte coma un axóuxere; quedara con M para tomar un café. Olleinas marchar xuntas sentindo latexos felices no corazón; M aínda virou un momento para chiscarme o ollo e eu..., eu lanceilles un bico coa man.

26.6.04
Descubertas
Des que vivo aquí a acumulación de sorpresas e descubertas é constante. Por primeira vez puiden comprobar en directo día a día a marabilla da que formo parte: a Natureza. Plantas en aparencia mortas abrochan paseniño en canto o coidan oportuno, abrazándote sen te decatares nun renacer preñado de esperanzas; paporrubios ardentes pasean polo xardín eludindo merlos, rulas, pegas e algún corvo atrevido que repite nunca máis cheo de razón. A ledicia dos esquíos choutando de piñeiro en piñeiro contaxia coma o riso, e o voo en picado do corvo mariño, certeiro na presa, lévate a un mundo máis real có das estradas. A elegancia das garzas gris e branca non é comparable a nada máis ca a si mesmas; a primeira disimula, quietiña coma unha estatua, até que ten asegurado o peixe; a segunda abanea o pescozo e lanza sen parar o peteiro á auga.
Onte un pardal acomodouse no marco da fiestra mentres eu escribía; permitiume contemplalo un bo anaco sen dar mostras de alarma. Conservo na retina os seus olliños negros, iguais ca abelorios de colar; tan fráxil e, porén, tan poderoso.
A primeira vez que vin a foz admiroume a capacidade de adaptación dos animais; van ao seu a pesar de que unha estrada lles rodea o terreo; berran, cantan, pescan, crían ignorando por completo os humanos, se cadra por saberen que o seu espazo está protexido de salvaxes. Procurei imitar a súa sabedoría e adaptarme: se eles poden -díxenme- non serei eu menos. E nesas ando, sempre aprendendo.

Dependencias
A estas alturas non é ningún segredo que quen fochica en Gradicela e lle fai os cambios é o señor Cesare roubándolle tempo ao seu absorbente traballo. Como agora anda polas illas curándose do estrés e da hospitalidade á que tan afeccionado nos resultou, aquí estou eu mordendo unllas e calmando a espera ata que me poida visitar.
No último fochique seica tivo un pequeno accidente, amais de esquecer un par de detalles. Nada grave, pero desconcertante. Pedireille de novo que me aprenda a meter fotos (devezo por decorar esta casa con eses engadidos tan vistosos), aínda que as veces que llo suxerín comentou -con todo o respecto do mundo, pero soltouno sen mudar a cor- que era moi complicado para min.
Xa se sabe: Cría corvos...

25.6.04
No súper
Atópome diante da carnicería por cominación de B (tes que comer carne vermella porque blablablabla); a cola é moito máis longa ca nos meses de inverno e os tipos humanos, máis variados. Instálome á beira dun matrimonio de mediana idade disposta a esperar a miña quenda de xeito civilizado; os audífonos acabados de limpar e con pilas novas non perden palabra.
-Es que aquí no hay esa carne que digo, se llama blanqueta y es blanca, no como esa roja que tienen ustedes. Sabe mucho mejor.
-No, señor; aquí, de esa que dice usted no tenemos; aquí es toda roja, como puede ver; es muy sabrosa y muy fresca.
-Como la blanqueta, no; la blanqueta es mucho más rica.
Afástome un par de metros, non sei por qué; quizais percibo unha fervura interior que non agoira nada bo e convenme ser prudente. Escollo a faldra con óso que me mandaron e marcho cara á caixa. O matrimonio de antes precédeme; suspiro, observo e, malpocadamente, continúo escoitando.
-Los tomates me los dejas para el final, ¿entendido? ¿Dónde están los tomates? ¿No los has cogido?
-Sí, hombre, los he cogido; no sé donde están. ¡Ah!, mira, aquí.
-Pues déjalos para el final, para que queden encima de todo. Tú atenta, ¿eh?; para el final.
E para o final quedaron os famosos tomates, machucando sen dó unha bolsa de cereixas tenras.
Por certo, tanto os tomates coma as cereixas eran vermellos.

Perdas non virtuais
Evasivas, La broma finita, Antes muerta que sencilla, Eva braun e Stee. Pecharon. Unha retornou baixo outro nome; confío en que outras se animen a imitala ou que o seu peche só sexa transitorio.

24.6.04
Censura materna
Miña nai pertence ao grupo das hiperpreocupadas; aínda hoxe intenta por todos os medios que ningunha agresión externa roce á nena (si, son a pequena, ¿que pasa?), desexo que a estas alturas está fóra de lugar, pero non pode evitalo.
En tempos, exercía unha censura implacable nas miñas lecturas apelando a ameazas e inconcretos castigos se a desobedecía. Mal sabía ela que na súa ausencia facía da miña capa un saio e asaltaba a zona prohibida sen remorso ningún, ou case.
Un dos libros que me atraía con delirio -por estar suxeito a un veto inflexible- era o Decamerón, un volume groso de papel basto cuxas follas aparecían percorridas por letras miúdas. En canto ela e meu pai marchaban de paseo, asegurábame de que, en efecto, baixaran a escaleira e acudía á fonte da miña curiosidade. Entre sobresaltos por ruídos inconcretos, a sensación de culpa e que aquela prosa non tiña nada de áxil para unha nena, creo que non dei rematado ningún relato completo; tampouco acababa de entender por qué me prohibía con tanto afán o maldito libro. Cousas das nais, dicíame.
Escapou, porén, á súa férrea vixilancia un tomiño de Tolstoi que sacudiu todas e cada unha das miñas fibras, ata o punto de que o mundo se me converteu de súpeto nun lugar completamente descoñecido, hostil e mesmo repulsivo. Ela non chegou a comprender por qué durante unha semana permanecín nun estado semicatatónico nin eu llo contei xamais; agora sería tan ridículo o motivo que nin paga a pena lembralo.
Cando me concedeu permiso para ler o Decamerón, eu andaba noutras andainas e perdera o morbo; malia todo, intentei encaralo nunhas cantas ocasións, pero caíame das mans. Aínda hoxe é o día en que segue sendo unha lectura pendente.

Todos os fisios son iguais
Teñen un aire de familia inconfundible: sorrintes, amables, ás veces cariñosos..., pero deixan o corpo mazado entre aloumiños e profusión de xa está, xa pasou coma se o que se debate entre os seus férreos dedos non fose máis ca un anaco de carne.
Por se isto non abondase, onte a futura mamá de Marta -despois de rifarme por dicir apenas un par de palabras malsoantes diante da nonnata- soltoume ao remate da sesión: filla, é que estás moi fraca, non tes músculos nin nada.
Reboteime, claro que me rebotei, porque é mentira, mentira podre; quizais careza de musculazos e de graxaza, pero teño musculiños e celulite, ¡que carafio!; para colmo, burlouse do meu bastón, que se é de vella, que se non che pega nada, que se non podes acostumarte a el... Farta estou de dicirlle que só o saco en casos de extrema necesidade. E porque non tiña forzas que, se non... saímos nos Sucesos do Faro.
Se xa o di o refrán: En gando fraco, todo carrachas.

23.6.04
Lenta recuperación
Aínda non me recuperara dos excesos nocturnos provocados por soñar coa nai de Harry, que veu a guinda en forma de papaia. Apenas un cuarto desa dixestiva froita no zume matinal abondou para poñerme ao bordo da..., ben, da morte non, pero da irmá pequena si.
Unha cousa máis que debo eliminar da miña xa reducida dieta. ¡En fin! Como volva perder peso, convertereime na muller invisible.
Menos mal que non teño a sarna.

22.6.04
21.6.04
Seguir unha autora
Leo Un barco cargado de arroz de Alicia Giménez-Bartlett, a quen sigo desde Ritos de muerte, a primeira novela protagonizada por Petra Delicado e Fermín Garzón. Xa van cinco desta serie cuxos personaxes crecen, experimentan cambios e adquiren matices nos que a autora afonda amodiño, de xeito firme, con plena coherencia.
A destreza da escritora en plasmar ambientes queda fóra de toda dúbida; a aparente facilidade de introducir detalles que che fan soltar a gargallada, malia non prestarse o tema para o riso, amosa unha vez máis que drama e comedia forman parte dun todo indisoluble.
Novela policial de calidade, con personalidade de seu, personaxes incompletos que se van redondeando paso a paso, libro a libro. A serie de televisión non lle fixo xustiza, e Segura non daba o tipo dun Garzón cincuentón e sabido. De Ana Belén, mellor non falar.

20.6.04
Transplantando
Teño a pituitaria enchoupada de cheiro a merda de vaca, un dos mellores argueiros que hai para as plantas. Como é lóxico, non manexei ningunha bosta fresca, senón unha especie de pauciños miúdos que mercamos por catálogo. Como a empresa ten a sede en Holanda, sospeito que as vacas productoras non son marelas galegas, pero tanto ten, o cheiro non mente. A cala negra (en realidade, cor viño moi escura) acomodeina nun enorme testo de Niñodaguia no que estivo aloxada ata o seu pasamento unha gardenia; a roseira de pitiminí, de flores cor violeta grisácea, paseina a un máis grande, ao igual cás azaleas.
Acotío gústame enzoufar as mans na terra, desfacela entre os dedos e notar como se me mete entre as unllas. Hoxe fixen unha excepción e puxen luvas de goma; dentro dun anaco vou cociñar e non coidei prudente manexar o argueiro sen proteción ningunha.
Espero que este aroma non se demore en esvaer.

Demasiado azucre acaba estoxando
O bo de estar xubilada é que non teño que agachar o estado merengue; é incómodo na profesión. Sen previo aviso, contemplar o típico torpe afanado cos deberes conmovíame de tal xeito que me saltaban as bágoas; o esforzo por relaxar a boca, de socato contraída, provocábame unha taquicardia que me atragoaba o corazón na gorxa. De pouco servía a razón nin os é a vida repetidos por dentro. Tiña diante un ser humano con carencias formativas a quen quería axudar como fose a non sufrir, a que aprendese a sacar partido do bo que encerraba, a que non permitise que os compañeiros o acomplexasen. Batalla perdida. E doíame.
Non dou sacado da cabeza a un ao que só lle dei clase tres meses, o ano que rompín o nocello. Matábase en facer bonita unha táboa de verbos, aínda que o contido estivese mal do principio ao final. Casualidades da vida, unha das enfermeiras que me atendeu na operación era tía súa. Quedei estantía cando me dixo que o raparigo non se entendía ben con ninguén, agás comigo. Caeume a alma aos pés.
Ás veces coido que non son normal ou -como lle soltaba a B un dos seus diversificados- que non estou completa.

Incertezas
B continúa desaparecido nas listas para o próximo curso e está algo mosqueado. Veremos se a reclamación soluciona algo, pero non deixa de ser inquietante a situación. Desde a maldita adscrición -que todos fixemos coma años, menos el-, andamos así, de incerteza en incerteza. E, francamente, aos nosos anos non estamos para tanto trote.
Non sei se non acabaremos emigrando ás illas, onde hai prazas abondas para el. A min ábrenseme as carnes só de pensalo. Non sei se aturaría a morriña.

19.6.04
De soños e meigas
Hoxe soñei con J. K. Rowling, supoño que a causa da expectación creada no foro de Akin pola estrea da terceira película. Ela estaba co seu home na mesa dunha cafetería e eu noutra, ollándoa embobada; xestos, sorrisos e movementos transmitían unha normalidade reconfortante. A escena cambiou de súpeto -coma sempre nos soños- e atopeime falando con ela, de pé ante os chanzos dunha escaleira de madeira; o seu español era perfecto.
Nun momento da noite erguinme e, cando volvín ao dormitorio, as camas estaban movidas, afastadas da parede. Pensei que se producira un pequeno sismo, coloquei a cama no seu sitio e deiteime de novo.
Cargada cos xornais, pan e tabaco regresei á casa ao mediodía; B preguntoume qué estivera facendo pola noite, que o espertara o estrondo dun arrastre de mobles; acendeu a luz e atopoume na porta do cuarto dicíndolle que non precisaba iluminación. Eu non me lembro de nada. Tampouco teño variña máxica nin pertenzo a esta especie.

18.6.04
Febre creadora
Bukowski volve enviarme outro cómic; desta vez préstalle o lapis ao guión dun colega. Aínda que a tristura continúa a zumegarlle pola punta dos dedos, conserva o tempero; paréceme bo, malia o sorriso acedo que che pinta na boca. Mentres estes ataques se produzan, non me preocupa: sei que está ben.
E nós gozando do seu sufrimento. Así é a vida.

Formigas
Despois de ler Matar á raíña do señor Vendell apareceron a milleiros arredor da casa. No outono pasado mantivémolas nos límites da porta a base de vinagre e bólas de pementa que colocabamos en precario equilibrio entre os marcos das fiestras, nas fendas e no mesmo limiar. Durante o inverno desapareceron.
Coidamos que o corazón do formigueiro se atopa debaixo da casa; en canto notan que un camiño se lles pecha, dan axiña cunha alternativa. Son teimudas, constantes e inasequibles ao vinagre.
Hai dous días unha avanzada de doce achou o armariño do mel e as galletas; non fixemos prisioneiras, matámolas todas. B aceptou, por fin, pasar a accións máis contundentes e mercar armas axeitadas; concordou comigo en que o dereito á vida, neste caso, ten un límite.

Quedadas
Na casa de Akin, en concreto, no cuarto que ten habilitado para Harry Potter, andan a argallar unha quedada potteriana; póñenseme os dentes longos, pero o sentidiño imponse: non podo ir. Como non podo ir á casa das Crechas nin puiden facelo á Solaina do Piloño. Cánsome demasiado e ese cansazo logo pasa factura -con intereses, o moi usureiro-.
Conformareime con fotiñas, crónicas detalladas e a diversión allea. Seguro que río coma unha tola.

16.6.04
Saída do armario (e) III
Non teño por costume falar mal de ninguén por escrito e menos poñendo o seu nome; exceso de prudencia, se cadra, mais prefíroo. A todos nos ten ocorrido manifestármonos dun xeito concreto nunhas circunstancias e máis tarde decatármonos de que xa non pensamos así; somos viraventos no mellor sentido do termo. Pero hai un tema que me nego a pasar por alto: o desprezo co que alguén se pronunciou contra os escritores domingueiros fronte aos marabillosos profesionais. O gran Francisco Ayala xamais quixo que o cualificasen de escritor profesional, porque non concibía unha existencia cuxo sustento dependese da escritura. Esas son palabras maiores; as outras, farelo. Para min, claro. Todo é discutible.
Tampouco son gregaria nin me agradan os gremios, e non só pola miña xa tópica penuria auditiva, senón porque..., en fin, iso de reunirse con xente que se dedica ao mesmo ca unha acaba por resultar un fastío; as ceas de instituto, por exemplo, convertíanse en xuntas de avaliación paralelas ou perpendiculares; un latazo tremendo cando único que pretendías era pasalo algo ben esquecéndote do curro. Non quero nin imaxinar qué supoñería unha reunión de escritores, galegos ou non, preocupados polas vendas, a promoción, o mal que os trata tal editorial ou o incomprendidos que son polos lectores; sospeito que ao cabo dunha hora estaría lembrando a parentela de moitos. Eu quéixome soa ou doulle a roncha a B, que para iso nos *mutuamos; como moito, permítome a licenza de desafogar a maiores con algún íntimo máis.
Polo momento, non teño en mente amosar a cara; se alguén sente moito morbo, que ate os cabiños que andan soltos por aí e, de paso, xoga a descifrar enigmas, coma no famoso códico (da Vinci). Un dos meus enderezos de correo figura nos comentarios das bitácoras que frecuento e mais nos desta; estou aberta a preguntas, consultas ou orientacións relacionadas co tema porque, como xa dixen, teño moito tempo para min e para os demais.
Non abrín este blog para publicitarme coma escritora, senón para divertirme e compartir diversión e sentimentos con outros. Desexo que siga así.
*Palabra creada hai moitos anos por un alumno de 1º de BUP. Os dicionarios non a recollen, pero deberían.

A praia
Untada de proteción 15 dos pés á cabeza, vou a unha das praias máis pijas da zona, a que me queda máis preto da casa; antano chamábase Area Loura; hogano, Praia América. Polo de agora a invasión non é excesiva, sobre todo a horas tan temperás; crúzome con persoas de todo tipo, idade e condición, a maioría habitantes da zona.
Camiñamos todos pola beira a paso máis ou menos marcial, uns cara alá, outros cara acá; supoño que mirados desde o ceo pareceremos formigas carrexando mantenza invisible para unha inexistente raíña. Atopo a miña fisio lucindo barriga, feliz coa súa Marta dentro; cóntame que á futura cativa lle gusta que ela pasee, adormece co meneo e rara vez dá patadas; esas resérvaas para os momentos en que a nai repousa. He; aínda non naceu e xa está impoñendo a súa tiranía. Polo que se ve, encántalle a marcha.
Gordos, fracos, musculados, fofos, tersos..., escasísimos top models. Agradezo observar tal variedade de corpos e formas; por fortuna, a uniformidade non acadou as cotas que os creadores de imaxe pretenden. Será que a Natureza -tan sabia ela- non entende de modas.

Cómic completo
Por fin Bukowski me enviou o cómic completo, aínda a lapis; dedícallo a Morrison, o amor imposible e perdido. Creo que sobrevivirá sen maiores danos cós inevitables nestes casos. Seguirá creando cómics coma un desesperado e nós seguiremos abraiándonos da súa febre vertida a mancheas nun simple papel. O meu desexo para el é que se dea soportado durante moito tempo máis.

15.6.04
Saída do armario II
En efecto, como moi ben di Cesare nos comentarios de onte, todos somos narradores; a necesidade de contar non discrimina. Só hai que botar unha mirada aos blogs para decatarse da cantidade de persoas que escriben ben, moi ben. O demais é cuestión de casualidade, de oportunidade ou de ganas de complicar a propia vida.
Que alguén se sinta especial porque escribe e publica paréceme, francamente, unha parvada, unha 'nenezada' e unha solemne estupidez; escribir para facer patria, outra que, por riba, me saca dos eixos. Eu lamento ser unha descastada, pero escribo por pracer, por necesidade, porque me gusta e punto; se o fago en galego, débese ao puro azar: nacín en Galicia; sospeito que de nacer na remota China agora estaría pelexándome cun teclado descoñecido, tería, quizais, os ollos alongados e sería máis pequena do que son.
Pero todos sabemos que a soberbia e a fatuidade son dúas debilidades humanas nas que resulta doado caer... se non se ten á man outra cousa máis valiosa.
Para Max Aub escribir é ir descubrindo o que se quere dicir, aforismo que comparto. Paul Auster expresa o seu coa escritura coma unha necesidade que lle cómpre satisfacer para sentirse menos mal. Pois iso.
Debido ás circunstancias, levaba máis dun ano atascada ou bloqueada, incapaz de desenvolver un proxecto porque todo me aburría ao cabo de poucos días ou se me antollaba un déjà vu insufrible; abrín o blog despois de pasear por outros e marabillarme con eles; coideino un bo xeito de exercitar os dedos e procurar, entrementres, unha saída ao marasmo no que me achaba. Funcionou -creo-. Cando menos, ando cunha historia que pode saír adiante, recuperei o gustazo de xogar coas palabras e xa non me torturo pensando que quedei sen imaxinación. Son fases, ciclos ou como queiran chamarlles; a estas alturas xa o debería saber, pero non dou aprendido certas cousas e o medo é libre.
E agora, tras este exercicio de stritis anímico que me permitirá falar do tema no futuro sen sentirme ridícula, comprenderán vostedes que me retire a descansar. ¡Tiven un día...!

14.6.04
Saída do armario I
Comezo a pensar en facelo, máis ca nada porque me apetece a rabiar comentar cousas que saíron polo blogmillo e arrabaldes, pero sen dicir antes a qué me dedico cando non blogueo -ás veces combino as dúas-, non vexo nada claras as posibilidades.
Son escritora. Non J.K. Rowling nin Alicia Giménez-Bartlett, non; o meu é moito-moito-moito máis modesto. Escribo en galego e publico (cando publico) en Galicia, así que sobran outras aclaracións.
Hai unha tendencia xeral, para min irritante, a coidar os escritores un tipo de avis ávido por acadar fama e facerse un nome resoante; abunda tamén a idea de que somos unha especie á parte; ou de que, cada vez que abrimos a boca, debemos expresar grandes ideas; ou de que estamos obrigados a ser sublimes as vinte e catro horas do día; ou -a máis pavera- que somos intelectuais. He, he, he.
Hai de todo, lóxico, pero non todos somos uns. Pasei pola experiencia de que me tratasen "raro" persoas coñecidas só polo feito de publicar, como se de súpeto agardasen escoitarme debullar metáforas e frases brillantes decontino. ¡Un horror! A incomodidade resulta moi difícil de aturar. Outros pretendían que explicase cómo se me ocorrían as ideas. ¡Meu Deus! Iso non se pode explicar así como así; non sempre veñen do mesmo xeito. Algúns pasaron a contemplarme coma se me acabase de saír un corno no medio e medio da fronte. E non sigo.
Non me exhibo polas feiras de libros nin acepto de bo grao ir a colexios (este ano fixen unha excepción co de B e gustoume, aínda que a sinatura de exemplares me deixou bonito o brazo máis enfermo, e o ruído do instituto, os oídos febrís) nin me atraen as presentacións. Unha mestura de timidez insá e medo a non oír ben consegue que B me diga: "¿Pero ti de qué tobo saíches? Iso son escusas".
Ben, por hoxe abonda, que isto de saír do armario me fai suar. Continuará.

13.6.04
Colorar
Merquei este libro hai uns meses, por curiosidade; non agardaba un caderno para colorar, coma os dos cativos, e pensei que guindara cos cartos. Pero era bonito, as explicacións previas atraéronme e díxenme a min mesma por probar....
Mandala significa 'círculo' en sánscrito e utilízase para meditar; no budismo tibetano gozan dunha consideración especial e suponse que traballando con eles un chegará á súa esencia.
Unha das miñas frustracións é non saber debuxar; en fin, copiar si, pero non crear. En tempos coidei que un día chegaría a collerlle o tranganillo, pero as circunstancias leváronme por outros camiños; a pesar diso, encántame buscar e atopar xoias coma esta, do gran mestre Tolkien, para sublimar eses devezos. A partir del aterrei nos mandalas.
Ignoro se me achegarei á miña esencia escollendo lapis de cores, buscando combinacións harmoniosas e vivas, procurando non facer borranchos no xa pintado; polo momento levo dous e debo recoñecer que resulta unha tarefa agradable, acouga o ánimo, enzoufa os dedos e faime sentir coma unha nena.

Papá
Cumpriu oitenta e catro anos. O verán pasado os efectos secundarios dun medicamento case acaban con el; no Nadal aínda non se recuperara e outro medicamento volveuno poñer ao bordo do abismo.
Hoxe falamos por teléfono sen interrupcións; estaba só e cabreado porque quedaran de ilo buscar a unha hora para votar e non daban aparecido. Rosmou, queixouse, comentoume que xa empezaba a facer de novo a súa ximnasia matinal para manter a elasticidade, laiouse por enésima vez da súa mala memoria, riu...; fomos cómplices durante vinte minutos.
A nosa relación sempre estivo salpicada de interferencias e dificultades; comezou a fluír hai unha década, a raíz dunha desas tempadas en que lle daba voltas a todo; decateime de cousas que non quería ou non podía ver; achegueime a el tras comprobar que temos as mesmas mans, semellante elasticidade e idéntica mala memoria; somos rabudos, vehementes, acalorados; compartimos inseguridades e incertezas; cada vez discutimos menos. Os dous sabemos que non somos perfectos.
Houbo unha época en que me horrorizaba a idea de que morrese antes de eu poder dicirlle quérote, papá. Cando marche para sempre chorareino sen ese peso enriba dos ombreiros. O tempo amosouse xeneroso comigo. Recoñézome nel; son filla súa.

12.6.04
Reivindicacións
Unha vez cubertas as necesidades básicas do ser humano, reivindico os seguintes dereitos:
-Ser contradictorio, incoherente e confuso.
-Dubidar das certezas aprendidas.
-Meter os pés nos charcos cando chove a cachón.
-Pegar patadas ás pedras.
-Facer boliñas co miolo do pan en lugares públicos.
-Dicir non cando realmente queres dicir non.
-Negarse a polemizar sobre abstracións.
-Ser un mesmo sen disimulos.
-Non querer que che fagan fotos (rouban a alma).
-Saltaricar polos camiños aínda que teñas oitenta anos.
-Dicir bobadas sen que te miren mal.

Intimidades II
Ollar un proceso con distancia temporal resulta un dos fenómenos máis curiosos que existen. Comprobas cómo o pensamento foi cambiando a forza de entusiasmos, logros, decepcións e algo máis que non se deixa definir. Sabes que non houbo traizón a ningunha idea, se acaso só desencanto, cansazo ou fastío por escoitar decote os mesmos argumentos que, de tan manidos e sobados, perderon a capacidade de ilusionar.
Se cadra o problema está en min, que me aburren as tópicas e típicas arengas pseudooquesexa; nunca me vin no papel de salvadora de almas.
Coa cuestión da lingua ocorre que calquera se sente con autoridade para opinar, etiquetar e criticar sen reparo, aínda que descoñeza o miolo do asunto.
Os que teñen a 'sorte' de pertencer a unha comunidade monolingüe carecen de autoridade moral para rexeitar o plurilingüismo, sinxelamente porque non o entenden. Ancorados na súa visión son incapaces de aprehender un dereito tan elemental como o da diferencia. A bastantes cabréaos que te sintas galego, vasco ou catalán antes ca español, como se non foses español precisamente porque primeiro es galego, vasco ou catalán. A historia non mente, mal que lles pese, e nos sentimentos non manda ninguén.

Pedanteces e pedanterías
Deixando á parte as linguaxes técnicas e especializadas, os falares escuros prodúcenme arrepíos; nótaseme no xesto, que se me pon acedo sen me decatar, como cando mordes sen querer o fel dun peixe.
As linguaxes especializadas necesitan intérprete; aínda lembro un artigo sobre ADN que lin nunha enciclopedia e a sensación de idiotez que me deixou; claro que acabei comprendendo o contido tras pedirlle a unha amiga bióloga que mo explicase con palabras normais. Tamén lembro os conmovedores esforzos dun físico por explicarme a teoría da relatividade, os do otorrino cando me falaba da reserva coclear ou os do psiquiatra contestando preguntas sobre receptores e transmisores de serotonina, dopamina e demais substancias que discorren de neurona en neurona.
Por iso, cando teño diante un pedante que me solta catro frases reviradas, encántame desconcertalo cunha resposta que inclúe tradución simultánea ou, se non o entendo, pedirlle que se aclare, que son moi túzara e que, por favor, demostre a súa sabedoría con palabras asequibles.
É que, cando hai verdadeiro desexo de comunicar, sempre se atopa o xeito (se se sabe).

11.6.04
Intimidades I
Nos comentarios do blog de Contra ao seu post do día 7 saíu o tema de soñar Galicia. Sobre as realidades deixei de soñar cando me decatei de que os chascos que levaba me mancaban en exceso; non sei se exercín de avestruz ou de estoica ao procurar asumir o que, por moito que quixese, non tiña traza de mudar.
Unha peixeira no súper comentaba hoxe a súa inquietude ante o verán, a que certos clientes fosen queixarse ao encargado por falarlles galego; se non a entenden, cambia decontado ao español a pesar de que lle custa. Metinme ou metéronme na conversa, e volveume a carraxe que xurara arrombar dos meus impulsos desque constatei o dano que me facía anoxarme.
Que un foráneo solicite que lle falen en español, por favor , cóidoa unha petición xusta e razoable (aínda que tamén podía esforzarse un chisco, ¡carafio!, que son moitos anos de vir por aquí); que o esixa de malos modos retrátamo coma un maleducado con problemas, ante o que a peixeira só pode calar -por moito que lle proian as bágoas nos ollos-; pero que un galego actúe do mesmo xeito coa escusa de que lle soa mal esperta os meus peores instintos.
Como soñar é barato, soñaría cunha Galicia orgullosa da súa cultura, aberta ao mundo, educada pero firme e, sobre todo, amante de si mesma.

10.6.04
Rir ás gargalladas
Se me chegan a dicir hai uns meses que unha pailana coma min ía pasalo tan ben con isto dos blogs, non daría creto. Por suposto, non o digo polo meu, que de chistoso ten máis ben pouco, senón polos dalgunhas eminencias que teño aí ao lado, á esquerda.
Recomendo un paseo polos comentarios dalgúns (a currar e chuchar de todos, que non vou facer eu todo o traballo) e se despois da romaría non se lles subiron as comisuras, terán que fumar un pito de paisana.

Bukowski
Recibo dous correos case seguidos de Bukowski que conteñen un cómic a medio elaborar; aínda está a lapis e seguro que cambiará detalles, pero ten moi boa pinta.
Coñecín a Bukowski hai anos, cando era un adolescente que aspiraba a realizar o soño da súa vida: ser artista de banda deseñada -seica lle chaman así-; seguín con interese a súa evolución, as influencias que recibía e asimilaba até atopar un estilo persoal. Vivín as súas crises, arroutadas, conflictos e malestares sen poder evitar que os meus afectos se implicasen irremediablemente, quizais porque á súa idade faltoume o apoio dun adulto.
Cada vez que gañaba un concurso (e gañou bastantes) aledábame; vin medrar as súas ás ao ritmo das alancadas coas que pisaba o mundo. Charlamos tantas veces nun bar próximo á miña casa que xa non lembro as cervexas bebidas e os cigarros fumados a medida que a voz lle subía e baixaba acorde co seu ánimo mutante.
Hoxe é un amigo. Encántame que me diga linda e bonita para saudarme, malia que non sexa certo. Xa non lle dou consellos nin lle rifo nin intento orientalo. Só falamos. Os dous sobrevivimos. Non podo evitar querelo.

8.6.04
Vergonzas
Entrei hai uns días nunha desas fases que me dificultan bastante a vida: as vergonzas. Chámolle así familiarmente, aínda que o termo non sexa moi exacto; en esencia consiste nunha timidez esaxerada mesturada con incapacidade para desenvolver actividades normais, como charlar coa caixeira cando lle pago a compra ou preguntar calquera miudeza a un descoñecido ou saberme mirada. Quixera desaparecer. Creo que está relacionado coa bipolaridade.
Antes desesperábame sentirme así; fuxía dos compañeiros, dos amigos e ata intentaba illarme de min mesma; traballar convertíase nun suplicio benfeitor, se cadra porque me obrigaba a asomar a cabeza pola casca e seguir piando, xa que me pagaban para iso.
En tempos referíame a esa faceta como o inquilino e tardei o meu en reconciliala coa extrovertida e sociable; parecíame imposible ser de dous xeitos tan dispares.
Agora...; en fin, agora toléroa sen notar case o seu peso, sabendo que acabará pasando coma as tormentas do verán. Iso si, encargas, recados e demais asuntos que requiren trato con persoas fágoas coma os ladróns: furtivamente.

7.6.04
Malestar
No Muy interesante deste mes vén unha reportaxe sobre entomoloxía forense, especialidade que descubrín con M. Lee Goff haberá ano e pico. Creo que foi a única lectura que me provocou proídos nos lugares máis insólitos da miña anatomía e da que tardei en recuperarme algún tempo. Xa se sabe que en ocasións a curiosidade ten efectos sorprendentes.
Na devandita reportaxe aparece unha foto do entomólogo traballando no corpo dunha anciá, repito, no corpo dunha anciá, non nun anaco de carne.
Levo visto varios mortos ao natural e xa non me impresiona en exceso a ausencia de vida, pero moléstame a exhibición gratuíta da mesma, quizais por un respecto ao defunto que semella terse perdido por completo. Calei co atentado de Madrid, aínda que me custou; un morto non pode ocultarse nin defenderse de miradas indesexadas, morbosas ou non; a súa opinión -se non a manifestou en vida- non conta ante a noticia e o impacto que se pretende conseguir; está indefenso.
Deberían deixalos descansar en paz.

6.6.04
Tenruras
Cando ollo o peito peludo de B salpicado de febras de prata, sinto unha tenrura tan intensa que se me dilata o corazón. Gustaríame gozar, só para el, dunha saúde de ferro; ofrecerlle uns brazos fortes para colaborar nas tarefas caseiras; regalarlle, coma outrora, tardes de paixón sen límites nin dores.
Cando ollo a súa face serena e amante a pesar das circunstancias, a tenrura sacódeme cunha descarga eléctrica diferente e parella ao arrebato de antes.
Cando me decato de todo o vivido ao seu lado, de tanto apoio, comprensión e amor que verteu en min, sinto con total claridade que son unha das persoas máis ricas da Terra.

5.6.04
A miña cova
Situada no andar superior e con parte do teito inclinada, é unha das zonas máis quente da casa no verán e máis fría no inverno, proba definitiva do meu ollo clínico á hora de escoller dominios privados.
A mantenta evitei o cuarto de B, que dá ao mar, porque non quería distracións, e con xenerosidade cedinlle a el a postal do lugar.
O ordenador está colocado máis ou menos no medio, sobre unha mesiña con rodas ad hoc, a cuxa esquerda se atopa a mesa grande con seis caixóns e un oco central para as pernas, ateigada de papeis, disquetes, cunca e teteira, algún libro descoidado, revistas, caderniños e outras miudezas que non me decido a tirar; a fiestra, inclinada, ilumina a zona como debe ser, a pesar de varias cagadas de volátiles e salitre que a deslocen un chisco. Porta e radiador míranse de esguello en ángulo recto, á dereita, e o resto son andeis recheos de libros. Fronte miña teño a seción de novela negra -problemática coma ningunha, por nutrida- e, pegada, a de pensamento/simboloxía varia/esoterismo/relixións/psicoloxía, etc., a máis difícil de organizar; Mircea Eliade á beira de Jung, o I Ching alterna con Jostein Gaarder, a Biblia co Corán, Freud con Marina, os tratados de pedras preciosas coas supersticións e, en fin, os aforismos de distintos autores ollan con estupor un estudio de grafoloxía e varios libros de relaxación; o tarot e os soños, porén, semellan conformes de acharse onde están.
Ás miñas costas, doados de coller, dicionarios de linguas vivas e diversas disciplinas (mobles, armas brancas, onomástica, toponimia, mitoloxía universal e local, seres míticos, criminalística, frases feitas...); os libros bonitos, os meus favoritos, ampáranme acotío desde atrás sabedores do amor incondicional que lles profeso. A seción de botánica anda preto, descolocada entre arte, fotografía, lendas, estudios literarios, biografías e novelas de todos os tempos.
Na parede dereita, un pouco afastada do ordenador, o fracaso rotundo da orde e a lóxica: poesía, tratados específicos sobre o mundo das mulleres, clásicos universais, moderneces, reliquias e libros por ler.
Nun curruncho de muro próximo á fiestra, exemplares de Quo, Muy Interesante, Clio, Más Allá, Fadamorgana, Geo, algunhas Revista de libros, Qué leer, Eidos do libro e a coleción completa de National Geographic.
Unha lámpada de pé, unha mesiña baixa con fetiches e un asento especial completan o cadro. Sen ánimo de incitar a ninguén ao pecado, nunca me faltan cinceiro, acendedor, tabaco e velas contra o noxento cheiro que produce.

4.6.04
Barallas do Tarot
Desde o Visconti-Sforza e o máis difundido Tarot de Marseille, ás máis modernas barallas editadas a partir dun revival algo inexplicable, existe unha amplísima variedade de mazos; da ducia que posúo o meu favorito é o de Waite, porque todos os naipes, non só os arcanos maiores, representan escenas cuxa simboloxía remite a diversas tradicións. A especialista Rachel Pollack vainas debullando unha a unha nos dous tomos de Los setenta y ocho grados de sabiduría del Tarot nun estudio que supera a mera análise para afondar nos recunchos máis íntimos da mente.
Á marxe de lecturas do futuro, contemplar estas cartas é entretido e, se me apuran, algúns poden atopar nelas actitudes e aptitudes coas que nunca imaxinaron soñar.

Calor
Un día máis de calor abafante que pon a proba a resistencia dos máis febles. Eliminar tanto líquido empúrrame ao delirio e véxome convertida nun pekeno charco que B recolle coa fregona sen decatarse de que son eu. Sen dificultade vexo tamén cómo se me derreten as neuronas, anoxadas de permanecer encerradas nunha caixa sen fiestras, ávidas dun frescor que nin o piñeiral máis mesto dá conservado máis alá de dúas horas.
Onte, tras unha estraña cea cun máis estraño colega de B, viñemos camiñando desde a Vila Real ata a casa agradecendo a ocasión de respirar e renegando (eu) do sono e de todos os taxistas da zona que, madía leva, desapareceran de escena sen deixaren rastro.
Hoxe púxenme a pensar no famoso colega, do que en realidade non sei qué pensar. Unha, modesta de seu aínda que non queira, sente certo estupor ao escoitar frases como realicei unha exposición brillantísima, fíxeno de xeito excelente ou a miña ****** é marabillosa. Decontado, cun aceno de inxenuidade que desarma a calquera, expón a súa perplexidade ante a tépeda reacción duns oíntes incapaces de aprezalo.
Admíranme as persoas que se cubrirían a face de bicos se puidesen; sen dúbida son as máis felices do Universo.

3.6.04
Frases
A honradez está xustamente en facer o que se coida conveniente que se debe facer tendo en conta as circunstancias no preciso momento de facelo. O demais é literatura.
Todo o sentido do mundo de hoxe cabe en dúas frases feitas ou mellor desfeitas: Gañar a vida, din os pobres. Matar o tempo, din os ricos.
O mundo agoniza por falta de tolerancia, non estou disposto a contribuír a iso, no pouquísimo que son, pero non deixo de ser home.
Max Aub dixit.

Relacións humanas
É o típico asunto do que cadaquén fala segundo lle vai, no que o consenso semella tan imposible coma na política e para o que non existen receitas máxicas. Unha proba máis do variados que somos.
B e mais eu tivemos -pasado e ben pasado- moito trato cunha parella que se declaraba comunista; el, ata a medula e así se manifestaba de palabra sempre que atopaba ocasión. A min molestábanme a súa intransixencia, o seu convencemento de que posuía a razón (pensaba moito as cousas, ergo non podía equivocarse) e un afán consumista que me cruzaba os desconcertados cables, sobre todo desde que nunha viaxe me encheron o coche de todos os obxectos inimaxinables e nos fixeron regresar abafados entre bibelots, cerámicas, xerseis e mantas portugueses, embutidos e ata un xamón de Jabugo (tan só nos faltaban uns cantos churumbeles para completar o cadro).
En Lisboa sufrimos unha intoxicación por empeñárense en cear nunha casa de comidas que saía no gurú dos xornais, e que a min me valeu catro días de retorzóns e paradas inevitables nos bares, atraentes ou non, que se me poñían a tiro. Arrastrounos por unha ardente Zafra a primeiras horas da tarde dun cálido día do mes de agosto porque non se podía alterar o horario elaborado polas súas espartanas e disciplinadas neuronas. E... moitos detalles máis que sería pesado contar.
Eu tería pasado por todo iso sen protestar en exceso (aínda que o do xamón confeso que o levei fatal) se o home non tivese un trazo de carácter que me desborda: os celos. Se a súa titi e mais eu pasabamos unha hora falando, se nos tocabamos ou nos colliamos da man para cruzar unha rúa (dábame seguridade antes de poñer os oídos), primeiro palidecía, logo arrubiaba e remataba achegándose a nós para tomar posesión de quen só era súa e nada máis ca súa.
A relación esmoreceu e rematou cando os alcumes 'cariñosos' de Stalin e O Mouro deixaron de facernos graza definitivamente.

Cociñar
Non son unha gran cociñeira; é máis, tardei en collerlle o gusto á cociña, supoño que por falta de tempo e de ganas. Agora que me sobran, atópolle ao proceso un aquel alquímico que me prace. Colles os ingredientes e vas mesturando un chisco de ourego por aquí, un airiño de cilantro por alá, pirixel en cantidade, romeu ou tomiño a discreción, unhas frebiñas de azafrán..., coma se estiveses elaborando unha apócema máxica sempre revitalizadora.
Hoxe hai un deses pratos ao que lle cómpre tempo, ando de arriba abaixo pola escaleira para controlar o proceso e teño a sensación de que as pernas acabarán agradecéndome tanto exercicio.
Por certo, o meu paseo matinal pola praia resultou delicioso; veremos dentro dun mes...

2.6.04
Absorción
Sentirse esponxa varias horas ao día indica saúde mental.
Dá gozo pensar que as neuronas continúan empeñadas en bañarse a pesar do noso medo á auga.

Libro de libros
Carrexo de aquí para alá un libro de Sergio Vila-Sanjuán, no que expón as interioridades do mundo editorial a través de máis de setecentas páxinas inzadas de curiosidades, anécdotas, escándalos, litixios e demais pelexas a dentadas deses preocupados homes de negocios.
Se a longa distancia resulta sospeitoso ese universo, antes estrelado e agora escachado, na curta consegue quitarnos de vez o veo da inocencia e da inxenuidade.
O lercherío, polo que se apreza, non é exclusivo de gremio ningún.

1.6.04
Pensamento feble dunha avoíña sabichona
Ao longo dos dezaoito anos que impartín clase o meu pensamento evolucionou grazas, en grande parte, ao contacto constante con persoas en distintos estadios de formación que sempre tiñan as mesmas idades, aínda que eu non. Débolles moito máis do que se pode expresar con palabras por axudarme a comprender a diversidade de sentires, quereres e capacidades, por obrigarme -quizais sen intención- a saír da miña burbulla de falsa adultez e por lembrarme día a día que eu seguía sendo unha aprendiza. Débolles, por riba de todo, o abandono do pensamento monolítico ao que tan afeccionada é a maioría dos adultos.
Lembro, en particular, unha das crises profesionais que me levou a unha incomodidade comigo mesma moi difícil de aturar e da que saín liberándome de vez do papel que se me supoñía, en realidade de todos os papeis; en adiante comporteime con eles como o facía durante o resto do día, arrombei coirazas e espinme sen (demasiado) pudor, malia que con bastante medo.
Os problemas, dúbidas, temores e pesadelos que un adolescente sente só se diferencian dos dun adulto na intensidade e na falta de recursos para facerlles fronte con relativa serenidade; as súas incertezas e indecisións seméllanse ás dos seus pais coma gotas de auga olladas desde distintas perspectivas; (case) máis nada.
Adoito experimentar confusión cara ao mundo, a pesar de non ser xa adolescente; son impulsiva coma eles, pero aprendín a disimular e, ás veces, a pensar dúas veces as cousas antes de actuar; con frecuencia non teño claro qué é o mellor nunha situación concreta e, por suposto, non adoito dar a razón axiña a ninguén, porque necesito primeiro ollar o conxunto, sopesar, comprender aínda que só sexa un pouquiño.
Se un rapaz me ameaza podo reaccionar de varias maneiras; cando empecei, recorrería á máis doada: xefatura de estudios e listo; na última década de relación con eles tentaba por todos os medios poñerme no seu lugar antes de tomar medidas drásticas, preguntarlle se lle ocorrera algo no recreo ou na casa ou, sinxelamente, se tiña un mal día. Sóbranme os dedos dunha man para contar os casos en que non acabamos sendo amigos ou, cando menos, respectándonos.
Sospeito que esa actitude a extrapolei a todo o demais, por iso resúltame dificultoso en extremo demonizar a alguén porque non pensa coma min, é de dereitas ou acode á PVR. No fondo antóllanseme miudezas sen maior importancia nun mundo con tantos e tan graves problemas como, sen ir máis lonxe, a carencia de auga, de comida, de liberdade, de cultura e toda a longa restra que cada quen queira engadir.
Nota: Doulle as grazas a Contra por inspirarme o título.

Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)